Wikipedia en inglés simple
A Wikipedia en inglés simple, como o propio nome xa di, usa a lingua inglesa na súa forma máis simple e accesíbel ao usuario que non ten esa lingua como lingua nai. Os artigos da Wikipedia en inglés simple poden ser usados para axudar en tarefas escolares ou soamente para o desfrute de aprender sobre novas ideas. Wikipedistas con pouco coñecemento do inglés tamén poden traducir a partir dos artigos dela.
Índice |
Características [editar]
Artigos da Wikipedia en inglés simple contén menos palabras e gramática máis doado que a Wikipedia en inglés común. A Wikipedia en inglés simple serve para persoas con diferentes necesidades, como estudantes, nenos, adultos con dificultade de aprendizaxe e estudantes de inglés. Outras persoas empregan esta Wikipedia porque a súa linguaxe simple as axuda a comprender ideas científicas ou complexas.
Cando a Wikipedia en inglés simplificado comezou a escribir, a Wikipedia en inglés común xa 150.000 artigos, e sete Wikipedias noutras linguas tiñan cada unha máis de 15.000 artigos. Xa que as outras Wikipedias teñen actualmente tantos artigos, a maior parte dos artigos en inglés simplificado están traducidos doutras Wikipedias, é dicir, dificilmente son creados novos artigos para esta Wikipedia.
Deste xeito, escritores de artigos en inglés simple deberían introducir con interwiki desde e para as outras Wikipedias, facilitando a navegación do usuario. Aconséllase tamén que o articulista lea artigos de todas as versións da Wikipedia para obter novas ideas na súa creación.
Cronoloxía [editar]
- 7 de abril de 2004: 1.000 artigos.
- 27 de setembro de 2005: 5.000 artigos.
- 30 de xullo de 2006: 10.000 artigos.
- 14 de outubro de 2007: 20.000 artigos.
- 7 de xuño de 2008: 30.000 artigos.
- 3 de novembro de 2008: 40.000 artigos.
- 6 de xaneiro de 2009: 50.000 artigos.