Berria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berria (en euskera Nova) é un xornal de información xeral de pago, e distribución matinal editado en lingua vasca.
Historia e características [editar]
Foi fundado no 2003 para ocupar o baleiro de Euskaldunon Egunkaria, clausurado por decisión xudicial, publicando a súa primeira edición o 21 de xuño do 2003.
Edítao a empresa Euskal Komunikabideen Elkartea. Ten a súa sede social e rotativa en Euskadi, na localidade guipuscoana de Andoain, e véndese en todos os territorios de ámbito lingüístico vasco. Dispón de delegacións en Bilbao, Pamplona, Vitoria e Baiona. É membro de MIDAS (Minority Dailies Association).
O seu director é Martxelo Otamendi.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- www.berria.info (en éuscaro)