Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-11-2010/Encontros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encontros

O último galiencontro en Lugo

Por Elisardojm, 1 de novembro de 2010

O pasado día 23 de outubro quedamos algúns galipedistas en Lugo para tomarlle o pulso á cidade e rirnos do tolos que estamos.

Estivemos en Lugo pero faltaches ti

Os interfectos antes de coñecer Lugo a fondo.

O pasado 23 de outubro uns cantos galipedistas xuntámonos na cidade de Lugo para falar do noso proxecto e do que saíse. A noite comezaba pasada por auga e chegar á cidade non foi doado, todos tivemos que pedir escusas á usuaria Lala Lugo por chegarmos tarde, que paciencia ten! Ademais da nosa anfitrioa achegáronse ata alí Estevoaei, Beninho, Matías, Atobar, Guldhammer e Elisardojm. Así que nos xuntamos, os malos agoiros marcharon e puxémonos a gozar da compaña e da cidade. Como Lala xa nolo tiña todo organizado só tivemos que seguila e desfrutar da noite.

A cea foi animada falando dun cento de historias da Galipedia, de fóra dela (estase desenvolvendo unha película que non será preciso piratear, e que vai ter unha grande pegada dalgúns dos nosos compañeiros), e facéndolle o terceiro grao a Elisardojm.

Despois de encher o bandullo regándoo como é debido, tomamos a sobremesa!, que sen sobremesa non se vai a ningures! Logo diso adicámonos a visitar algúns locais da cidade para baixar a comida e seguir, ós poucos, de palique. O máis frouxo tivo que deixar a cidade antes de que saíse o sol pero o resto..., queimarían Lugo?, nas Galinovas non había nada... ;)

Saúdos a todos e vémonos no próximo.

01-11-2010
Neste número
  • Encontros
  • ← Volver aos contidos

    + Engade un comentarioConversa sobre esta historia

    Si, eu faltei e quedoume a pena de non ir. A ver se á próxima que se faga en Lugo...--Agremon(contacto) 17:33, 16 de decembro de 2010 (UTC)

    Queda para a próxima :). Súdos,--Elisardojm (conversa) 23:18, 16 de decembro de 2010 (UTC)