Wikipedia:Votacións para borrar/Modelo:NIR
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Modelo:NIR (2ª proposta)[editar a fonte]
Este modelo emprégase para situar xeográficamente ben o lugar de nacemento de alguén, ben un accidente xeográfico, etc. O problema é que o modelo emprega como bandeira de Irlanda do Norte unha bandeira que non existe, xa que a día de hoxe esta parte do Reino Unido non ten bandeira. Evidentemente isto significa que non só é innecesario incluir unha bandeira, senón que estamos a proporcionar información incorrecta. Xa que logo, propoño o borrado do modelo.
- Actualización isto tamén inclúe a Modelo:NIRb e Modelo:NIRf
- Observación: na proposta anterior (ver abaixo) se considerou que habería que controlar o seu uso. Como se pode comprobar nas páxinas que ligan, por exemplo, con Modelo:NIRb, ninguén o fai, e de seguir existindo o modelo se seguerá a empregar.
- Borrar
- Borrar. --Norrin (Fálame) 8 de maio de 2014 ás 08:44 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]
- Manter. Especificando o período para o que debe ser empregada. --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 10:32 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario Penso que o modelo non debe borrarse xa que é unha bandeira que utilizada no período que indica é correcta, o uso incorrecto do modelo non debe obrigar a borralo. A única solución que vexo, e que xa se presentou na anterior votación, é renomear o modelo para que quede claro o seu uso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]
- E quen se vai encargar de que o seu uso sexa correcto? Ademáis, o modelo remite a Irlanda do Norte, que non ten bandeira. Habería que 1) Controlar o seu uso e 2) Cambiarlle o nome. Algo moi pouco práctico. Se alguén o quere facer que o faga, mais mantelo e limpar as mans pois... --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2014 ás 10:50 (UTC)[responder]
- Creo que o seu uso non é tan estendido como para que sexa un problema. De feito eu descubrín que existía onte mentres estaba a mudar os Modelo:RIR por Modelo:IRL, que dito sexa de paso, non redirixe cara este modelo sobre o que estamos a debater. --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 10:55 (UTC)[responder]
- Controlar o seu uso temos que facelo todos, igual que controlamos que a ortografía sexa correcta, que non haxa insultos, que non haxa información errónea. Se nun sitio o modelo está usado incorrectamente é un erro e calquera que o detecte pode e debe amañalo. Non se pode facer máis, para min a mellor solución é cambiarlle o nome (que vexo que xa se fixo) e poñer un aviso no modelo indicando claramente os únicos casos nos que pode ser usada (isto está por facer) para que todo o mundo se entere perfectamente. Non me parece maior problema que ligue co artigo de Irlanda do Norte, en realidade foi unha bandeira dese país e co cambio de nome e a nota no modelo estaría máis que clara a relación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de maio de 2014 ás 12:39 (UTC)[responder]
- Creo que o seu uso non é tan estendido como para que sexa un problema. De feito eu descubrín que existía onte mentres estaba a mudar os Modelo:RIR por Modelo:IRL, que dito sexa de paso, non redirixe cara este modelo sobre o que estamos a debater. --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 10:55 (UTC)[responder]
- E quen se vai encargar de que o seu uso sexa correcto? Ademáis, o modelo remite a Irlanda do Norte, que non ten bandeira. Habería que 1) Controlar o seu uso e 2) Cambiarlle o nome. Algo moi pouco práctico. Se alguén o quere facer que o faga, mais mantelo e limpar as mans pois... --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2014 ás 10:50 (UTC)[responder]
Este modelo emprégase para situar xeográficamente ben o lugar de nacemento de alguén, ben un accidente xeográfico, etc. O problema é que o modelo emprega como bandeira de Irlanda do Norte unha bandeira que non existe, xa que a día de hoxe esta parte do Reino Unido non ten bandeira. Evidentemente isto significa que non só é innecesario incluir unha bandeira, senón que estamos a proporcionar información incorrecta. Xa que logo, propoño o borrado do modelo.
- Actualización isto tamén inclúe a Modelo:NIRb e Modelo:NIRf
- Borrar
- Borrar. --Norrin_strange (Fala-me) 30 de xullo de 2013 ás 09:11 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Aínda que xa non é oficial, si que o foi no seu momento, polo que é correcto o seu uso para os acontecementos producidos entre 1953 e 1972, o que hai é que controlar o seu uso e retirala dos artigos que non correspondan con este período. --JaviP96 20 de agosto de 2013 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Manter. Penso que ten razón Javi. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 10:15 (UTC)[responder]
- Manter sempre e cando alguén se encargue de regular o seu uso. Piquito (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 10:28 (UTC)[responder]
- Manter O modelo de seu é correcto, o que podería ser incorrecto é o seu título, igual que temos o marcador para a bandeira franquista Modelo:ESP-1939 para utilizalo cando cómpre e outro Modelo:ESP coa bandeira actual. Para evitar confusións, e aínda que actualmente non hai bandeira oficial en Irlanda do Norte, proporía seguir o modelo da bandeira de España e mudarlle ao título a Modelo:NIR-1953 ou algo semellante para utilizalo onde haxa que utilizalo (non só ata 1972 xa que hai acontecementos como os Xogos da Commonwealth onde aínda utilizan esa bandeira.--Sernostri (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 12:59 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Entón iso haberá que incluilo no título do modelo e nas explicacións sobre o seu uso. A día de hoxe, proporciona información falsa. E penso que andar a controlar se está incluído correctamente é traballo innecesario. --Norrin_strange (Fala-me) 27 de agosto de 2013 ás 11:05 (UTC)[responder]
- Comentario. Estou con Norrin na primeira frase. Sobre a última, cada quen fai co seu tempo o que ve, se hai usuarios que queren controlar este tema que o fagan, sempre que sexan eficientes... Piquito (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 11:12 (UTC)[responder]
- Comentario. Concordo en mudarlle o nome como propuxo Sernostri. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 12:31 (UTC)[responder]
- Comentario. Discordo co cambio de nome, de feito os dous marcadores de España son os únicos que utilizan datas. O mellor é ter un modelo unificado para todos con tres letras. --JaviP96 27 de agosto de 2013 ás 13:22 (UTC)[responder]
- Comentario O problema con NIR é que remite a Irlanda do Norte (North Ireland) e crea confusión en quen o queira utilizar que pode pensar que con iso emprega un modelo coa bandeira actual (sabemos que agora non hai bandeira oficial pero quen o utilice ao mellor non o sabe), quizais se o que se quere é manter tres letras utilizar algo do estilo ONI (Old North Ireland, en inglés xa que o modelo actual está baseado nesa lingua) ou calquera outro que non remita á Irlanda do Norte actual.--Sernostri (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 13:40 (UTC)[responder]
- Comentario. Pódese mirar de cambiar o nome, aínda que o modelo xa conta coa explicación do período ao que corresponde pode haber xente que o utilice sen miralo. Hai algunha suxestión máis? --JaviP96 27 de agosto de 2013 ás 14:25 (UTC)[responder]