Wikipedia:Votacións para borrar/Joseph Serchuk
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Joseph Serchuk[editar a fonte]
As razóns que me levan para propor este artigo para o seu borrado son:
- É un artigo creado como tradución automática a partir da versión inglesa; a súa redacción é incomprensible en moitas frases e esixiría un gran traballo conseguir unha boa tradución sen coñecer o tema. Por esa razón foi borrada sen votación en varias wikipedias (grego, galés, irlandés...)
- O artigo, ademais, presenta problemas de referencias. Todas as referencias acoden a un só volume editado por un compañeiro de campo de concentración, Dov Freiberg. Porén, noutras wikipedias, como a wikipedia hebrea (onde primeiro se creou o artigo), seguiron longos e inconclusivos debates sobre a pertinencia do mesmo. Dunha banda houbo milleiros de xudeus que fixeron grupos de partisanos; doutra, parece ser que non tantos, pero si varias ducias, lideraron eses grupos partisanos de forma independente.
- O artigo foi creado por unha IP anónima, a 2.54.162.20 que, nese mesmo día, creou as versións galesa, grega e galega (e que ademais retirou a etiqueta de problemas de tradución na catalá).
- Esta IP anónima non editou máis nada en todas as wikis [1] á parte dos interwikis das versións dese día.
- O artigo sobre Joseph Serchuk foi creado en varias wikipedias (ata 11) polo usuario Yottam, con base na wikipedia hebrea. Foi a súa única colaboración nestas 11 wikipedias, polo que parece clara a intencionalidade de Yottam de crear un estado artificial de popularidade e de referencias para este artigo. Na wikipedia hebrea e na inglesa tivo máis colaboracións.
- O usuario Yottam foi bloqueado na wikipedia hebrea o 29 de agosto de 2011 con carácter indefinido. As razóns foron a inclusión de material baixo copyright; despois de que se lle recriminase o seu comportamento, insistiu en seguir facendo iso, argumentando que a wikipedia hebrea estaba baixando o seu ritmo de produción de artigos e que había que mudar as regras da wikipedia para poder crear máis artigos. Este motivo non está reslacionado con este artigo; expóñoo para que se vexa que inclúo toda a información de que dispoño.
- Uns días despois dese bloqueo comezan a crear o artigo Joseph Serchuk en distintas wikipedias outras IPs: a do galego (responsable de 4 proxectos), a 2.54.1.175, que o creou en cinco wikipedias distintas, así como realizou edicións noutras tres que xa creara Yottam; a 2.54.118.205, que a creou en tres linguas e editou en dúas máis xa creadas por Yottam, etc. Aínda que é imposible afirmalo ao 100%, parece que as IPs semellantes á do galego continuaron o traballo de Yottam despois de que esta conta fose bloqueada.
- Esas tres IPs anónimas proveñen de Orange Israel.
Por todo isto, por ser pouco relevante, ser unha mala tradución automática e por enmarcarse nunha operación de promoción, creo que debe ser borrado. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:42, 12 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar
- Borrar . --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:42, 12 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar sobre todo por fallar de relevancia, por demais é necesario borralo rapidamente porque o esposto por Xabier é unha posibilidade de ca información espallese pola rede resultando ser as wikipedias o berce dunha notoriedade. O que contribue o discredito da enciclopedia --Elvira (conversa comigo) 21:51, 12 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar. Fundamentalmente por ser inintelixible. A xénese histórica faino, tamén, moi sospeitoso. Pedro --Lameiro (conversa) 21:52, 12 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar - Noraboa pola pescuda, Xabier. - JonnyJonny 22:06, 12 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar --Atobar (conversa comigo) 22:09, 12 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar - É que non ten xeito--Alfonso mande 23:14, 15 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar --. HombreDHojalata.conversa 18:14, 16 de outubro de 2011 (UTC)
- Manter
- Comentario
Comentario A miña única dúbida é, se é un artigo sen relevancia e sospeitoso, ¿por que non se borra na wiki en hebreo?. Quizáis estaría ben facer unha preguntiña na súa embaixada respecto á relevancia e posibles referencias deste artigo. ¿Miraches iso Xabier?, se non o fixeches podo encargarme eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:28, 14 de outubro de 2011 (UTC)
Comentario No caso presente, ao meu entender, a sospeita de fallo de relevancia é primordial para a decision de borrado. Si un administrador a houbese borrado en lixo rapido por problemas de tradución houbese sido o mais sinxelo. Estamos nun caso semellante ao de es:Portugalicia (e pt:Portugaliza, en:Greater Portugal, ca:Gran Portugal), unha suposta entidade culturo-politico-economico-xeográfica que como podese ver no mapa da castelá (que acabaron por retirar na portuguesa), e a base podese ver aqui ata o 12/09/2012 na revista Portugaliza, onde o artigo da Galipedia di que é "a reivindiación dun espazo común cultural galego-portugués" (asi ocultamos que é muito mais a reivindiación que leva a revista, e despois do 12/09/2012 non se podra comprobar nada). A inicios do 2009 ise mapa e escudo de Portugaliza so se atopaban aqui e habia que pasar moitas páxinas en google para atopalo (seino porque eu, no movemento de crear ises artigos, axudei a polo en boa forma na wikiFr, por ser demasiado confiada para axudar compañeiros). Logo houbo un fenomeno de creacion de artigos nun monton de wikipedias (case todas acabaron por borralo). Hoxe o stio web Portugaliza - Portugalicia união cultural, linguística, económica, geográfica e histórica entre os povos de Portugal e da Galiza esta na primeira páxina de perquisa de google e os maps e escudo espallados en un monton de páxinas na rede. Non sei si nos vindeiros anos teremos un movemento a favor do conceto de Portugaliza. Non teño nada que comentar sobre o feito que na rede espallense informacións. Pero o que me importa como usuaria dos proxectos Wikpedia é que a enciclopedia recolla datos coas suas regras e que non sexa fonte primaria, como foi o caso para o cenceto de Portugaliza e como vai a selo seguramente para Joseph Serchuk. Hoxe en dia o artigo compromete a credibilidade da enciclopedia. --Elvira (conversa comigo) 12:49, 15 de outubro de 2011 (UTC)
Comentario Eu vin aquí, porque teño visto un comentario de Elisardojm. Eu podo falar catalán e un pouco de portugués e, polo tanto, podo ler o galego, aínda que eu non podo escribilo. Escribo isto coa axuda de tradución de Google, pero teño intentado corrixir os seus erros máis obvios. A súa comunidade debe, por suposto, decidir por si mesmo se querer eliminar este artigo. Só podo dicir estas cousas, como embaixador auto-nomeado da Wikipedia en hebreo para as linguas románicas:
- Houbo unha discusión sobre a notabilidade desta persoa na Wikipedia en hebreo. A decisión foi que é suficientemente notable. Unha das persoas que comentou alí dixo que esa persoa é notable, xa que é discutido non trivialmente nos libros por en:Dov Freiberg, que son coñecidos para ser máis exactos sobre o tema.
- Ata onde eu entendo, o bloqueo de Yottam non está relacionado a este artigo. --Amir E. Aharoni 22:47, 15 de outubro de 2011 (UTC)
- Hola, grazas polo teu comentario, o que pasa é que para confirmar a relevancia deste artigo necesitaríamos referencias de "calidade" que confirmaran a información que contén. Se nos pudeses axudar con iso poderíamos tomar unha decisión máis clara. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:12, 15 de outubro de 2011 (UTC)
- Moitas grazas Amir E. Aharoni. Elisardo eu entendo ca referencia é que esta citado varias veces no libro de en:Dov Freiberg, libro con moita notoriedade, eso si, que é o que xa se di noutras wikis. Polo de que o bloqueo de Yottam non está relacionado co artigo, Xabier tamén o aclarou. É verdade que da gusto ver un embaixador da Wikipedia en hebreo por acá ! Pero voltando o noso asunto a novidade para mín é que na rede xa empezamos a atopar despois das wikis páxinas en varias linguas sobre Joseph Serchuk ...como nos di Amir E. Aharoni: "A súa comunidade debe, por suposto, decidir por si mesmo se querer eliminar este artigo". --Elvira (conversa comigo) 00:38, 16 de outubro de 2011 (UTC)
- Ben, está ben que apareza nun libro, pero penso eu que si foi condecorado varias veces por distintos estamentos do estado de Israel..., ¿non debería haber algún sitio que reflexara esas distincións?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:05, 16 de outubro de 2011 (UTC)
- Grazas, Amir. Eu tentei transmitir iso que ti dis, que o artigo ten notabilidade para a wikipedia en hebreu, e que Yottam foi bloqueado por outras cousas (mais que a partir do seu bloqueo, distintas IPs anónimas están a seguir o seu patrón de edicións, co que estariamos ante outro problema). En todo caso, a notabilidade dun cidadán israelí para a wikipedia en hebreu non ten que ser a mesma para a wikipedia galega. Idealmente, si, á wikipedia galega deberían interesarlle todos os artigos de hiperpequenos lugares de Israel, e viceversa. Pero se a propia notabilidade do artigo estivo en cuestión en he.wp, creo que para nós a súa notabilidade é loxicamente menor. Saúdos, e moitas moitas grazas por vir ata aquí e opinar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 11:02, 16 de outubro de 2011 (UTC)