Wikipedia:Votacións para borrar/Fernando Alonso Romero
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Fernando Alonso Romero[editar a fonte]
Propoño para borrar este artigo porque ten todas as caras para ser un artigo de autobombo ou gloria va:
- Foi creado cunha IP que só creou este artigo.
- Inclúe un nivel de detalle tan grande na bibliografía (artigos, obras en colaboración, obras propias) que só pode ter quen dispoña de acceso ao seu currículo persoal. De feito, o currículo está actualizado ata 2007, ou incluso máis recente.
- Foi creado dunha soa edición.
O motivo de autobombo é abondo para borrar un artigo, independentemente da relevancia. Ademais, este autor só ten unha obra publicada en editoriais de primeira fila, co cal, aínda que pode ter unha certa importancia, non é a que deixa ver a extensión e profusión do artigo.--Xabier Cid Conversa 08:48, 11 xullo 2008 (UTC)
Borrar[editar a fonte]
- Borrar --Xabier Cid Conversa 08:48, 11 xullo 2008 (UTC)
- Borrar --Toliño Fala aquí comigo 11:27, 11 xullo 2008 (UTC)
- Borrar --☣Banjo tell me 11:30, 14 xullo 2008 (UTC)
- Borrar Pedro --Lameiro (conversa) 11:38, 14 xullo 2008 (UTC)
- Borrar Pelo auto-bombo. Fernão --Norrin_strange (Talk) 12:18, 14 xullo 2008 (UTC)
- Borrar.--Arco de Rayne 15:19, 14 xullo 2008 (UTC)
- Borrar. Cumpre os requerimentos para borrar. --Prevertgl 17:33, 15 xullo 2008 (UTC)
Manter[editar a fonte]
Neutro[editar a fonte]
Comentario[editar a fonte]
Agardar un pouco por favor. A ver si facemos un erro. Eu atopo ise señor con google, e google dame os datos das obras citadas Dialnet, hasta podo comprar alg~un libro dil Amazon.fr . Nesta web [1] dedicanlle un artigo. Si fose inglesa podialle comprar tres libros [2]. Vexo que vende tamén en Amazon.com, Amazon.ca, Amazon.uk. Tamén anda por eiqui. Vexo co editor propón de millorar o artigo. A ver si adiantamos na investigación e si é necesario coas normas dos persoeiros vivos ElviraConversa comigo 13:53, 14 xullo 2008 (UTC)
- O mundo ao revés! :) eu propoño borrar un artigo e Elvire propón mantelo, :) :) Agora en serio: creo que o borrado non debe ter tanto que ver coa relevancia, como co autobombo. Obviamente, o autobombo é sempre imposíbel de demostrar, pero o desproporcionado contido con respecto á relevancia real (revistas case todas locais ou de ámbito reducido, por exemplo), ademais dos detalles mencionados antes, creo que poden ser bastante determinantes. Se fose unicamente un aspecto técnico, habería que reducir a lista de obras á décima parte, eliminar frases como esa onde di "membro de varias prestixiosas institucións nacionais e estranxeiras", e quedaría un artigo de cinco liñas incluídas as categorías. Pero non creo que sexa un problema técnico, senón de procedemento. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 14:57, 14 xullo 2008 (UTC)
- Creo que fixeches un moi bo traballo de podado. Así debería ser o artigo. Porén, entendo que os motivos para o borrado permanecen. --Xabier Cid Conversa 08:32, 15 xullo 2008 (UTC)
- Tes moita razón Xabier de dicir que andamos ao revés :) :) Como sei que son exclusionista vixiome :). Vés ben que fixen comentario, porque gustanme moito as conversas que apoian unha decision. Ainda non votei en contra de borrar, porque si non aparecen cargos importantes claro que vou votar para borrar. Por demaís "milito" para que en tempos vindeiros teñamos un marcador que se pón na páxina de conversa dos principales editores dos artigos propostos para borrar para que poidan vir conversar ca comunidade ao momento do voto, e tamén que teñamos politicas escritas ma&is amplias e pedagoxicás sobre certos puntos como iste. Cada cousa no seu tempo, hai que ir sembrando ! ElviraConversa comigo 09:00, 15 xullo 2008 (UTC)
- Grazas pola túa nota Xabier, en canto ao artigo, penso que tes razón no referinte á multitude de obras e artigos que se reflexan da man deste catedrádico, é dicir se esta persoa aparece na galipedia, tal vez habería que poñer unicamente as obras máis relevantes e deixar a palla para outro medio, porque na miña opinión ten tantos meritos como outros que aparecen na categoría de personalidades, logo aínda que eu prefira unha revisión do artigo máis que un borrado, acato o que elixa a maioría. Con todo, entendendo as motivacións de borrado, e ollando de novo a categoría Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia, coido que é interesante unha revisión dos artigos, poño por caso o feito de que os nomes de Paulo Orosio ou Benito Vicetto compartan categoría cun arquiveiro/historiador de concello como André Pena Graña ou José Raimundo Núñez (co respeto que calqueira persoal municipal me merece). En calqueira caso é unha opinión. Se estimades que o autor non é suficientemente interesante para a wiki, estarei dacordo, se apoiades a súa existencia e preferides unha nova redacción do artigo, comprometome a facelo eu mesmo, estando igualmente dacordo con vós. Vaia, o que digades compañeiros ;).--Alexandre Vigo 22:27, 15 xullo 2008 (UTC)
- Ola, Alexandre. Pola miña parte entendo que este autor ten unha certa relevancia, que ten un pequeno pero correcto número de libros e que debería estar na wikipedia. Pero a miña proposta de borrado non se basea na relevancia, senón na motivación de creado do artigo, que parece indicar autobombo. Por iso manteño o meu voto de borrado, aínda que a redacción que fixo Elvire sexa moi boa. Se máis adiante outro usuario cre óptimo crealo, eu vou estar de acordo. :) --Xabier Cid Conversa 22:52, 15 xullo 2008 (UTC)
Comentario Bueno, que? ¿borrámolo ou non? Sete votos a favor, ningún en contra e unha proposta de Elvire de esperar para ver se se pode arranxar. Hai dous meses xa que non se fai ningunha edición que xustifique esta espera nin a reconsideración da votación. Creo, sinceramente, que procede o borrado xa. Pedro --Lameiro (conversa) 21:41, 18 setembro 2008 (UTC)
- Concordo, se ninguén o arranxa, borrámolo xa que o resultado a votación foi que se elimine. --Toliño Fala aquí comigo 17:51, 19 setembro 2008 (UTC)
- Poís si debese borrar en conformidade coa proposta e os votos, xa que ninguén trouxo fontes de esas actividades que é suposto ter para xustificar o artigo. ElviraConversa comigo 18:21, 19 setembro 2008 (UTC)
- O artigo foi borrado: 7 votos a favor, 0 en contra.