Wikipedia:Votacións para borrar/Ditadores
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Categoría:Ditadores[editar a fonte]
Propoño o borrado porque a Categoría:Ditadores é vaga, confusa e leva á perda de neutralidade. Se aplicamos a categoría a todos aqueles mandatarios que non gobernaron en democracia teríamos que incluílos a todos os da historia, dende os reis suevos aos emperadores do Xapón, e tamén a maior parte dos xefes de estado dos países e territorios do mundo. Tamén teríamos que incluír aí cando menos a Xoán Carlos I de España e teriamos que acordar que facemos con aqueles mandatarios que son elixidos democraticamente pero só por unha pequena parte dos habitantes do país, como os papas de Roma, os presidentes de Suráfrica anteriores a Mandela ou calquera elixido democraticamente en países con escravismo (dende Grecia ou Roma) ata os que prohibían o voto ás mulleres.
Creo que o feito de considerarmos na redacción do artigo a Franco e a Videla como ditadores non é complexo; crear unha categoría, si. A categoría ditadores é vaga, confusa, leva a erro, e pode utilizarse —de feito está a utilizarse— como "descualificativo". --Xabier Cid Talk, please 07:20, 13 de abril de 2011 (UTC)
Borrar[editar a fonte]
- Borrar --Xabier Cid Talk, please 07:20, 13 de abril de 2011 (UTC)
- Borrar --Atobar (conversa comigo) 10:17, 13 de abril de 2011 (UTC)
- Borrar Convenceume a explicación de Xabier. --Alberte Si, dígame? 11:12, 13 de abril de 2011 (UTC)
- Borrar Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:24, 13 de abril de 2011 (UTC)
- Borrar --Beninho 12:55, 13 de abril de 2011 (UTC)
- Borrar Creo que non hai ningún organismo oficial que outorgue o título de ditador, polo tanto é moi complexo establecer esta categoría. --Elisardojm (conversa) 08:12, 5 de maio de 2011 (UTC)
- Borrar Concordo questa categoria non respeta o punto de vista neutral. Como dì Elisardojm " é moi complexo establecer esta categoría" : podense atopar libros acreidtados sobre ditadores, sempre teñen un "corpus" limitado a personalidades nomeadas, e non é o mismo "corpus" segun o autor dun estudio sobre x ditadores. Semella que non hai unha definiciòn acredita pola comunidade cientifica para pola na cabeceira da categoria. Xabier explica mui ben a problematica. As WIKIS DE, EN e FR non teñen esa categoria. --Elvira (conversa comigo) 22:03, 20 de xuño de 2011 (UTC)
Manter[editar a fonte]
- Manter--. HombreDHojalata.conversa 19:09, 25 de maio de 2011 (UTC)