Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Celso Emilio Ferreiro, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.