Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Pazo de Dodro
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Pazo de Dodro[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobada
Período de votación: 21/12/20 - 5/01/20
SI: 6 — NON: ningún — NEUTRO: ningún — CONCLUSIÓN: aprobada |
- Proposto por: --Dodro (conversa) 5 de xaneiro de 2021 ás 22:37 (UTC) (Período de votación: dende o (Período de votación: dende o 21-12-2020 ata, polo menos, o 05-01-2021)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo sobre patrimonio, que tivemos e que perdemos, moi relacionado co pazo de Meirás, que tan de actualidade está, e que previsiblemente abrirá ó público nos vindeiros meses. Conta cunha fotografía histórica de como era a principios do século XX. Coido que o apartado de Galicitas pode resultar interesante. Suficientemente amplo e ben referenciado. --Dodro (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 04:42 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Dodro (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 04:42 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2020 ás 23:14 (UTC)[responder]
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 23 de decembro de 2020 ás 15:58 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xas (conversa) 23 de decembro de 2020 ás 17:01 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 11:45 (UTC)[responder]
- Concordo. --Cossue (conversa) 30 de decembro de 2020 ás 20:33 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario Texto proposto para a presentar na portada, en caso de saír elixido como artigo destacado:
O pazo de Dodro é unha construción civil situada en Vigo, no concello de Dodro, e coñécese tamén co nome de pazo do marqués de Bendaña ou como pazo de Vigo. Crese que o mandou erixir Marcos Fandiño e xa existía a principios do século XVI, non obstante fíxose posteriormente de estilo barroco compostelán, dos séculos XVII e XVIII. Era propiedade do marqués de Bendaña. Frei Martín Sarmiento fai mención do pazo na súa viaxe de 1754, foi descrito por Aubrey F. G. Bell na súa obra Galicia vista por un inglés, determinando que arredor do ano 1920 o pazo e a torre seguían en pé pero medio en ruínas.Concluída a guerra civil, e tras un acordo plenario celebrado o 4 de abril de 1938, a corporación municipal do concello de Dodro dooulle a propiedade completa do pazo a Francisco Franco. Leváronse para o pazo de Meirás as pedras do pazo, as figuras da capela, os escudos, os gravados etc. e había no pazo de Dodro unha importante biblioteca que se encontra probablemente en Meirás. Na actualidade atópase en moi mal estado de conservación e practicamente só se pode apreciar a que foi a súa capela e algunha das estancias menores. É propiedade particular ó ser vendido durante a transición española.
O concello de Dodro reclamou a devolución de parte do seu patrimonio no ano 2008 para tentar recuperar tódolos elementos posibles dun dos seus edificios máis destacados. De novo, no ano 2020, o goberno municipal de Dodro solicitou a restitución da memoria do pazo de Dodro e pediu que no inventario de bens do pazo de Meirás se identificaran as partes que puideran corresponder ó devandito pazo.
Ó ser tan breve a introdución, propoño para a portada un pequeno resumo do artigo. --Dodro (conversa) 23 de decembro de 2020 ás 13:58 (UTC)[responder]