Información: proposto por Norrin_strange. Penso que é, dos que temos tido como destacados, un artigo moi bo, con moitas imaxes, ben estruturado, etc. --Norrin_strange (Fala-me) 17:39, 21 xuño 2009 (UTC)
Creo que para que estea completo o artigo faltan seccións, do tipo Tecnoloxía (aerodinámica, motor, pneumáticos, volante...), sobre os aspectos económicos (sponsors...) e sobre o aspecto organizativo. Os artigos da wikipedia francesa e italiana poden sermos de axuda. AlberteSi, dígame? 21:11, 21 xuño 2009 (UTC)
Tamén eu coido que aínda lle falta un chisquiño para ser artigo de calidade. --Atobar(conversa comigo) 21:24, 21 xuño 2009 (UTC)
Quizais tamén lle quede unha actualización ao 2009 para mantelo ao día. --ToliñoFala aquí comigo 11:30, 25 xuño 2009 (UTC)