Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Ronald Reuel Tolkien citado a miúdo como J. R. R. Tolkien, (pronuncia: [ˈtɒlkiːn]), nado en Bloemfontein o 3 de xaneiro de 1892 e finado en Bournemouth o 2 de setembro de 1973, foi un escritor, poeta, filólogo e profesor de universidade inglés de orixe surafricana, coñecido principalmente polas súas obras O Hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.

A popularidade das súas obras fixo que se lle identifique popularmente coma o "pai" da literatura fantástica moderna. Foi profesor de anglosaxón no Pembroke College de 1925 a 1945, e profesor de lingua e literatura inglesa no Merton College de 1945 a 1959. Foi nomeado Comandante do Imperio Británico pola raíña Isabel II o 28 de marzo de 1972. En 2008, o xornal The Times clasificouno no sexto posto nunha lista dos "50 escritores británicos máis importantes dende 1945". Forbes clasificouno no 5º posto das personalidades defuntas con máis ingresos no 2009.