Boulder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Práctica do boulder

Boulder (escalada en bloque ou bouldering) é unha modalidade de escalada que consiste en escalar bloques de rocha ou pequenas paredes, que poden ser de ata 8 metros, sen a necesidade dos materiais de protección convencionais da escalada (corda, arnés, elementos de fixación...), realizándose de lado e subindo moi pouco. A rocha presenta "problemas" a resolver, tanto en ascenso como en travesía (horizontal). Neste tipo de escalada prima a dificultade extrema durante traxectos moi curtos. Escalar nesta modalidade coñécese en argot como "blocar".

Xeralmente emprégase unha colchoneta portátil denominada "crash pad" e a pericia atenta dos compañeiros, "porteiros", quen deben coidar ao escalador para que a posíbel caída non teña consecuencias.

Cara o final dos anos 1970, apareceu en Mallorca unha derivación deste tipo de escalada, denominada "psicobloc". O mesmo consiste en escalar bloques a gran altura con caída directa ao mar, con, como única protección, a propia auga.

Existen salóns ou muros especializados nesta modalidade que se convertiron en verdadeiros ximnasios para o adestramento xa que este tipo de escalada require dun excelente estado físico e de moita forza nos brazos.

Durante os últimos anos apareceu unha polémica sobre el impacto desta modalidade sobre as rochas, debido á limpeza dos agarres. Está en mans dos "aperturistas" non convertirse en meros limpiadores e cepillar seletivamente para non deteriorar o medio e con iso preservar a zona para futuras xeracións de escaladores.

Entre os moitos deportistas que realizan esta disciplina destácanse: Chris Sharma, Dani Andrada, Dave Graham, Patxi Usobiaga e Adam Ondra.

Nos últimos anos esta modalidade de escalada adquiriu moita popularidade e por iso unha gran cantidad de persoas inícianse nesta práctica sen ter nocións previas de escalada ou montañismo. Isto pode presentar un problema se estas persoas non coidan o entorno onde se desenvolve esta actividade e non respectan as normas ou regulacións da escalada en entornos naturais. É por tanto moi importante para o bo desenvolvemento e mantemento destas actividades o coidado e respecto ao medio natural, para iso diversas asociacións de escaladores reúnense cos responsables da xestión dos entornos naturais onde se practican estas actividades co fin de lograr acordos de uso e práctica que sexan compatibles coa boa conservación e uso destes espazos.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: