Volusiano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caio Vibio Volusiano foi un co-emperador romano como césar (251 - 253).
Biografía [editar]
Pouco se sabe da súa vida. Era fillo de Treboniano Galo, césar asociado, e de Afinia. Treboniano ocupou o trono imperial, no ano 251, tras a morte do emperador Decio e logo do falecemento, por enfermidade, do césar e fillo de Decio, Hostiliano, Treboniano asociou entón a seu propio fillo, Volusiano, como novo césar, e de contado, tamén como augusto.
Cando o gobernador da Panonia, Emiliano, se fixo proclamar emperador polas súas lexións, dirixiuse de inmediato cara Italia. Na altura da Umbría atopouse con o exército de Treboniano, que ía en compaña de Volusiano. As tropas destes abandonáronos e foron feitos prisoeiros, sendo logo executados Interamna (actual Terni).
Nomes sucesivos [editar]
- Nace como : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus.
- 251, como césar : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Caesar.
- 251, como augusto : Imperator Caesar Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Pius Felix Invictus Augustus.