Vivian Fuchs
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fuchs (homónimos).
Vivian Ernest Fuchs, nado na Illa de Wight en 1908 e finado en 1999, foi un explorador e xeólogo británico.
Traxectoria [editar]
De orixe alemá, en 1929 participou na expedición a Grenlandia de James Wordie. En 1934 dirixiu unha expedición ao lago Turkana coa intención de exploralo xeolóxica, arqueolóxica e paleontoloxicamente. Dirixiu tamén a Expedición Trans-Antártica da Commonwealth para celebrar o Ano Xeofísico Internacional de 1957, e foi a primeira en cruzar a Antártica.