Vilarbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVilarbón

Localización
Mapa
 42°46′50″N 6°42′35″O / 42.780453, -6.709597Coordenadas: 42°46′50″N 6°42′35″O / 42.780453, -6.709597
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata

Vilarbón (Villarbón en castelán e oficialmente) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na comarca do Bierzo. En 2013 estaba deshabitada, se ben na década de 1950 contaba cuns 150 habitantes; porén, a partir de 1960 comezou a despoboarse e en 1982 quedou deserto[1]. Nos últimos anos téñense levado a cabo iniciativas de rehabilitación de numerosos edificios en ruínas, dotándoos de rede eléctrica para utilizalos en actividades socioculturais. Recentemente, a vila foi dotada de estrada asfaltada para poder chegar a ela e visitala[2]. Os antigos habitantes de Vilarbón falaban un dialecto do galego chamado ancarés[3], que aínda se fala nas vilas veciñas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A maior parte dos edificios están en ruínas, aínda que algúns están a ser rehabilitados de forma privada. Vilarbón ten unha arquitectura típica dos Ancares con casas feitas con pedra local e lousa, usando a cachotaría coma técnica de construción. O monumento máis sobranceiro é un hórreo, que está en bo estado de conservación[4]. Tamén posúe unha fonte, un lavadoiro, unha casa corredor e as ruínas da Igrexa de Santa Bárbara[1].

A principal atracción é a natureza e a paisaxe que atrae a moitos excursionistas[Cómpre referencia].

Rehabilitación[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos xurdiu un interese de rehabilitar as aldeas abandonadas da zona dos Ancares por parte de persoas privadas e asociacións. No caso de Vilarbón, o aventureiro e cooperante en África Miguel Yuma [5] leva a metade da súa vida nun proxecto de recuperación da aldea; fíxose propietario de varias casas e terras de labor, as cales restaurou e implicou unha vintena de arquitectos galegos voluntarios do movemento 'Arquitectos sen fronteiras' para deseñar un proxecto para restaurar e reconstruír a aldea tal como era hai un século. Chegou acordos coas compañías eléctricas e telefónicas para dotar ao poboado de luz e teléfono, e xunto coa súa familia conseguiu resucitar a xunta veciñal extinta desta aldea abandonada.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2013. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2013. 
  3. Ricardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120.
  4. http://villarbon.blogspot.com.es/
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  6. http://elpais.com/diario/1995/08/06/espana/807660017_850215.html

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.