Vietcong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Viet Cong")
Bandeira do FNL

O Vietcong ou Fronte Nacional de Liberación de Vietnam (en vietnamita: Mặt Trận Giải Phóng Miền Nam Việt Nam), tamén coñecido como Front National de Liberté (FNL), foi unha organización guerrilleira formada en 1960 por toda a oposición á ditadura de Ngô Đình Diệm, aínda que os comunistas eran maioritarios.

O goberno Sur vietnamita referíase a este movemento como o "VietCong". As forzas estadounidenses referíanse a el como "Víctor Charlie", que é como se pronuncian as siglas "VC" no Alfabeto fonético da OTAN ou, de forma máis abreviada, simplemente "Charlie".

Historia[editar | editar a fonte]

O FNL foi a primeira organización rebelde que loitou contra o colonialismo francés e contra a República de Vietnam do Sur. Esta fronte foi de todos os elementos opostos ao goberno existente sen importar se eran comunistas ou non. A súa organización militar foi coñecida como as "Forzas Armadas de Liberación Popular".

Un soldado do FNL.

Os combates iniciáronse dous anos antes para loitar contra a severa represión da ditadura a todos os seus opoñentes. Co apoio do Vietnam do Norte, en 1962 a organización controlaba gran parte da zona rural de Vietnam do Sur, o que provocou a masiva intervención norteamericana, que desembocaría na guerra de Vietnam. Apoiado polo exército norvietnamita e abastecido a través da ruta Ho Chi Minh, logrou manter unha guerra de guerrillas durante máis dunha década.

En 1969, a Fronte formou unha provisional República de Vietnam do Sur que tomou o poder brevemente logo da caída de Saigón en 1975 e logo apoiou a reunificación do país baixo o liderado do Partido Comunista de Vietnam como República Socialista de Vietnam en 1976.

En xeral, o término Vietcong servía para referirse aos insurxentes armados e políticos disidentes que pelexaban contra a república de Vietnam durante a guerra de Vietnam. Este nome foi derivado dunha contracción da frase vietnamita Việt Nam Cộng Sản, ou "Comunista Vietnamita". O grupo principal cuberto polo término, ademais do FNL, é o exército guerrilleiro nomeado formalmente como as Forzas Armadas Populares de Liberación (PLAF).

Nas áreas, baixo o seu control, a FLN incluía tamén a moitos non militares, incluíndo xefes de vilas, oficinistas de vilas, e profesores escolares. Moitos consideran o término Vietcong justamente derogativo, aínda que o seu uso masificouse en occidente, xa que a guerra de Vietnam fixo este término máis coñecido que o nome apropiado de FLN.