Vicente Turnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vicente Turnes del Río Maldonado, nado en Santiago de Compostela o 16 de setembro de 1786 e finado na mesma vila o 13 de xaneiro de 1865, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seguiu a carreira de Leis na súa cidade natal, doutorándose na mesma. Aos vinte e sete anos, Turnes comezou a padecer de cegueira, motivo polo cal non desenvolveu unha actividade literaria máis extensa. De tendencia liberal provincialista, colaborou en El Centinela de Galicia, El Eco de Galicia e La Esperanza. Participou en diversas actividades da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, para a que elaborou a “Memoria sobre los obstáculos que se oponían a los progresos de la Agricultura”.

Publicou unha abundante obra poética en castelán. Foron atribuídos a el, igualmente, algúns diálogos. Os seus versos en galego non foron recollidos en ningún libro, mais si en xornais e follas soltas. Segundo Ricardo Carvalho Calero, a súa produción poética pode dividirse en catro grandes bloques temáticos:

  • Poesías áulicas: de tema palatino.
  • Poesías patrióticas
  • Poesías satíricas
  • Vilancicos de Nadal

Traduciu ao galego o Evanxeo de Mateo por encargo de Louis Lucien Bonaparte, mais este considerou a tradución moi castelanizada e encargoulle unha segunda versión a José Sánchez de Santa María.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Tertulias de Picaños, 1836.
  • Diálogos en la Alameda, 1836.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Tristes recuerdos del Dr. D. Vicente Turnes Río Maldonado, 1834.
  • Último adiós del Dr. D. Vicente de Turnes del Río Maldonado, á su pinar, 1851.
  • Composiciones poéticas, 1875.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]