Viaduto de Glenfinnan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°52′34″N 5°25′51″W / 56.87611°N 5.43083°W / 56.87611; -5.43083

Ponte Viaduto de Glenfinnan
Glenfinnan Viaduct.jpg
Río
Concello
Provincia
Data 1897 - 1901
Lonxitude 380 m
Ancho
Gálibo
Tipo viaduto
Material cemento

O viaduto de Glenfinnan é un viaduto para paso do tren en Glenfinnan, no oeste de Escocia.

Índice

Localización [editar]

O viaduto está situado na liña da Terra Alta Occidental, que une Glasgow con Mallaig a través de Fort William.

Características [editar]

Construíuse entre 1897 e 1901 guiando a obra o enxeñeiro Robert McAlpine, e daquela foi un dos maiores viadutos edificados enteiramente con cemento. Ten 380 m de longo, e 21 arcos, dos cales o máis alto sobrepasa os 30 m.

Aínda que unha liña de tren normal segue funcionando entre Fort William e Mallaig con regularidade, no verán entra en funcionamento un tren histórico especial, con fins turísticos.

Filmografía [editar]

O viaduto de Glenfinnan usouse en distintos filmes e series de televisión, como Charlotte Gray ou Monarch of the Glen, pero a máis importante é a súa aparición en Harry Potter e a Cámara dos Segredos, onde unha escena ten lugar aquí, no expreso de Hogwarts que leva os rapaces á seu internado anual na escola. Posteriormente tamén aparece en Harry Potter e o preso de Azkaban e Harry Potter e o Cáliz de fogo.

Galería de imaxes [editar]


Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]