Vello Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As zonas en roxo escuro son as chamadas Old South, aínda que as distintas fontes remiten a distintos límites, e as fronteiras dos Estados variaron desde a época das Trece Colonias

As zonas en roxo escuro son as chamadas Old South, aínda que as distintas fontes remiten a distintos límites, e as fronteiras dos Estados variaron desde a época das Trece Colonias

O Vello Sur (en inglés: Old South) é unha expresión estadounidense para referirse á rexión sueste de Estados Unidos.[1]

Xeograficamente, o Vello Sur é unha subrexión da Rexión Sur, diferenciados do "Sur Profundo" por ser os estados meridionais representados nas Trece Colonias orixinais de América, ademais dunha maneira de describir o antigo estilo de vida no sur dos Estados Unidos. Culturalmente, o termo pode ser utilizado para describir o período anterior á guerra. Na época colonial, foi dominada, en gran medida, polas plantacións escravistas.

Zona xeográfica[editar | editar a fonte]

As colonias do Sur foron: Virxinia, Maryland, Carolina do Norte, Carolina do Sur e Xeorxia.

O "Vello Sur" defínese xeralmente en oposición ao Sur profundo, que inclúe Alabama, Luisiana, Xeorxia e Misisipi, e tamén se diferencia aínda máis dos Estados fronteirizos interiores, como Kentucky e Virginia Occidental e os estados periféricos do sur da Florida e Texas.[2]

Termo político[editar | editar a fonte]

O "Vello Sur" tamén se refire á tradición dos sureños ao votar por Partido Demócrata. Durante o período da Reconstrución, tras a guerra de Secesión, moitos demócratas perderon a súa capacidade de votar. Isto fixo que o Sur fose republicano até 1877, cando os demócratas sureños regresaron ao poder. Recentemente esta predominancia demócrata foise desgastando, pero o Sur conserva a súa postura conservadora. Porén esa identificación política foi variando, de xeito similar a termos que variaron moito semanticamente, como "liberal" ou "popular". Aínda que cando se fundou o 20 de marzo de 1854 o Partido Republicano representaba ós que se opuñan a expansión da escravitude e pretendían o progreso dos EEUU, hoxe o progresismo é máis identificado co Partido Demócrata. A maioría da poboación sureña identifícase agora co Partido Republicano.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adams, Willi Paul (1996-10). Los Estados Unidos de América (en castelán). Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0348-7. 
  2. "Documenting the American South homepage". docsouth.unc.edu. Consultado o 2022-02-09. 
  3. "Old South" (en inglés). 2022-02-04.