Valentín de Terni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Valentin curando un epiléptico (detalle), comezo do siglo XVI, Augsbourg, Alemaña.

San Valentín, Valentín ou Valentinus, (nome de orixe latina que significa: «que vai ben, o que está san, forte»), foi un crego martirizado, é hoxe é considerado o protector dos epilépticos e dos namorados. Celébrase o 14 de febreiro, Día dos namorados.

Historia e crenza[editar | editar a fonte]

A crenza na protección particular dos namorados ven desde a alta Idade Media: pensábase que os paxaros a partir dese día, 14 de febreiro, comezaban a facer os niños, día de festa. Era moi difundido este culto na Alemaña, de onde provén case exclusivamente a maior parte da iconografía.

A representación de San Valentín como bispo ou como crego débese a unha confusión de identidade; pode ter por atributo o bastón pastoral, a palma do martirio, ou tamén dun neno epiléptico. Parece que poden reunirse nunha soa e mesma persoa os dous Valentín, pois viviron en Italia no século III, foron mártires eclesiásticos, conmemorados o 14 de febreiro polo martyro romano: un crego e un bispo.

  • Foi decapitado o sacerdote romano en 268, baixo o emperador Claudio II O Gótico, por converter ao cristianismo ao prefecto Astère e toda a familia despois ser curada da cegueira, á súa filla cega desde a idade de dous anos. Foi enterrado na beira da vía Flaminia, onde logo o papa Xulio I mandou que se construíse máis tarde unha basílica.
  • A tradición presenta outro Valentín que se consagrou como bispo de Terni (Interamnæ) en Umbría, a partir do ano 203. Moi coñecido polos seus milagres e virtudes, foi a Roma invitado por un filósofo chamado Cratón (que era pagán), cuxo fillo sufría dunha enfermidade incurable. O bispo acudiu á súa invitación, prometeulle a curación do fillo coa condición de que se convertese ao cristianismo con toda a súa familia. Aceptada a condición, o bispo púxose a rezar e repentinamente, o rapaz quedou completamente curado. É debido a isto, foi encarcerado en primeiro lugar, logo, negándose a sacrificar os ídolos, despois de encadeado e mallado a paus, foi finalmente decapitado, no ano 273, resultas das persecucións do emperador Aureliano e non de Claudio II, como algúns historiadores cren. O seu corpo foi recollido polos seus discípulos e enterrado a Terni, na vía Flaminia.

Estas son pois a identidade dos dous nomes, a coincidencia dos lugares de sepultura e a semellanza dos martirios na mesma época, conduciron a confundir os dous Valentín nun e único Santo.

A festividade foi borrada do calendario eclesiástico no ano 1969 como parte dun intento para eliminar santos de orixe posiblemente lendario, aínda que segue sendo celebrada localmente por algunhas parroquias.