Valentín Briones Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaValentín Briones Rey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1889 Editar o valor em Wikidata (134 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Valentín Briones Rey, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de outubro de 1889, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Valentín Briones Manteca e Juana Rey Barreiro. Foi rexente da fonda La Argentina e despois propietario do Balneario La Concha de Arosa e a fábrica La Caneda de Vilagarcía de Arousa. Formou parte da Juventud de Defensa de Vilagarcía encabezada en 1918 por Laureano Gómez Paratcha que editaba o periódico Heraldo de Arosa, e foi concelleiro en 1922. Foi presidente do Recreo Liceo en 1924. Coa chegada da Segunda República foi elixido concelleiro e segundo tenente de alcalde. Destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934, foi reposto no cargo o 8 de xaneiro de 1936 e logo da renuncia de Elpidio Villaverde a ocupar o cargo, foi elixido alcalde o 19 de xaneiro.[1] Ocupou o cargo ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Detido o 10 de agosto, conducírono á prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Manuel Oubiña López, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.[2] Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e trasladárono ao penal de San Cristóbal de Pamplona en febreiro de 1937. Volvérono trasladar á illa de San Simón en febreiro de 1939.[3]

Predecesor:
Carlos Francisco Poyán González
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1936
Sucesor:
Frutos Cerecedo Lapatza

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1928 con Carmen Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3.
  3. "Un alcalde vilagarcián preso en San Simón: Valentín Briones Rey", por Emilio Xosé Ínsua

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]