Laureano Gómez Paratcha
Laureano Gómez Paratcha, nado en Pontevedra o 30 de agosto de 1884 e finado en Barcelona o 9 de abril de 1968, foi un médico e político galego.
Traxectoria [editar]
Foi membro das Irmandades da Fala. Alcalde de Vilagarcía de Arousa entre 1922 e 1923, como membro da Organización Republicana Gallega Autónoma foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931.
Ministro de Industria e Comercio entre o 12 de setembro e o 8 de outubro de 1933 no goberno presidido por Alejandro Lerroux, ao estalar a Guerra Civil foi detido e desterrado a Verín e despois sometido a un consello de guerra en Ourense, en setembro de 1936, e condenado a doce anos de cadea. Tras ser liberado en 1951 trasládase a Bos Aires onde tras permanecer só un ano, regresara a España.
| Predecesor: ? |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1922 - 1923 |
Sucesor: ? |
| Predecesor: José Franchy Roca |
Ministro de Industria 1933 |
Sucesor: Félix Gordón Ordás |