Usuario:James G. Parada/Taller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Star Trek Beyond (traducida como Star Trek: máis aló) é a décima terceira película da saga Star Trek, prevista para ser estreada o 8 de xullo de 2016. É a secuela de Star Trek: na escuridade (2013) e a terceira da triloxía comezada coa película de 2009 Star Trek. Está dirixida por Justin Lin e protagonizada por Chris Pine e Zachary Quinto. A película foi escrita por Doug Jung e Simon Pegg -o cal interpreta a un dos personaxes- e producida por J.J. Abrams, Roberto Orci e Bryan Burk.[1]

Reparto[editar | editar a fonte]

Actor Personaxe
Chris Pine Capitán James T. Kirk
Zachary Quinto Spock
Karl Urban Dr. Leonard "Bones" McCoy
Zoe Saldana Nyota Uhura
John Cho Hikaru Sulu
Simon Pegg Montgomery "Scotty" Scott
Bruce Greenwood Almirante Christopher Pike
Anton Yelchin Pavel Chekov
Alice Eve Doutora Carol Marcus
Nazneen Contractor Rima Harewood
Peter Weller Almirante Marcus, presidente encargado da seguridade e vilán secundario do anterior filme, que oculta aos altos mandos da Flota Estelar que el é o causante do espertar de Khan Noonieng Singh (Benedict Cumberbatch), a quen utiliza para usar a súa información de avanzada e tácticas de guerra en contra dos Klingon.
Idris Elba -Vilán principal do filme-

Produción[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Paramount anunciara que a próxima película da franquía, titulada provisionalmente polos medios de entretemento como Star Trek 3, estaba prevista para ser lanzada en xullo de 2016, a tempo para o aniversario número 50 da franquía.[2] Segundo os informes, a película terá lugar no espazo profundo, co Enterprise e o equipo tratando unha crise non revelada. Esta película segundo os informes, será máis similar ao orixinal Star Trek.[3]

Debido ao compromiso de Abrams de dirixir Star Wars: The Force Awakens, será produtor pero non o director.[4] O escritor Alex Kurtzman anunciou que xa non participaría, co seu compañeiro de escritura Roberto Orci, xunto con Patrick McKay e JD Payne.[5] Foi máis tarde cando se anunciou que Orci dirixiría a película, pero o 5 de decembro de 2014, informouse de que el xa non sería o director e que Edgar Wright estaba a ser considerado como unha potencial substitución.[6][7] O 22 de decembro de 2014, Justin Lin foi confirmado como director de Star Trek 3.[8]

O 22 de xaneiro de 2015, anunciouse que Simon Pegg co-escribiría a terceira película xunto con Doug Jung.[9] No proxecto orixinal de Orci, Pegg comentou que Paramount "tiña un guión de Star Trek que non estaba realmente traballado para eles. Creo que o estudo estaba preocupado de que podería ser demasiado pouco Star Trek-e". Polo seu papel como o guionista principal, Pegg pedira facer esta nova película "máis inclusiva", indicando que a solución era "facer un western ou un thriller ou unha película de roubo, e entón poboar iso con personaxes de Star Trek, polo que é máis inclusiva a unha audiencia que podería ser un pouco reticente."[10]

O 10 de abril de 2015, Deadline informou que a actriz francesa Sofia Boutella foi elixida como membro do elenco na terceira película.[11] O 21 de abril de 2015, Trek Movies revelou que o título da película sería Star Trek Beyond.[12]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

A rodaxe comezou en xuño de 2015, con Bryan Cranston e Idris Elba en conversacións para o papel de vilán principal.[13][14][15][1]

Estreo[editar | editar a fonte]

O 23 de decembro de 2014, anunciouse que a película se estreará o 8 de xullo 2016.[16][1] O 25 de novembro de 2015 FOX anunciou que a película tamén será estreada en formato IMAX, converténdose así na primeiro película da serie en estrearse en devandito formato.[17]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Staff. "El rodaje de Star Trek Beyond inicia en 4 semanas". tomatazos.com.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  2. "Exclusive: Roberto Orci Set To Start Shooting Next Star Trek Movie Feb 2015 – Targeting Summer 2016 Release". TrekMovie.com (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  3. "'Star Trek 3' Will Stay True to Original Franchise, Go Into 'Deep Space'". Variety (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  4. "Roberto Orci to Direct ‘Star Trek 3′ (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  5. "Alex Kurtzman & Roberto Orci Splitting Up on Bigscreen (EXCLUSIVE)" (en inglés). Variety.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  6. "Breaking: Bob Orci Removed from Star Trek 3!". ComingSoon.net (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  7. Fleming Jr, Mike (5 de diciembre de 2014).
  8. Mile Fleming Jr. "Star Trek 3’s New Director Will Be ‘Fast & Furious 6′ Helmer Justin Lin" (en inglés). Deadline.com.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  9. "Simon Pegg Co-Writing ‘Star Trek 3′ With Doug Jung". Deadline.com (en inglés).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  10. "Simon Pegg criticises ‘dumbing down’ of cinema" (en inglés). The Guardian.  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  11. "'Kingsman's Sofia Boutella Lands Lead In 'Star Trek 3'" (en inglés). Deadline.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda)
  12. "BREAKING: Star Trek XIII to be titled 'Star Trek Beyond'" (en inglés). Trek Movies.com.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda)
  13. http://www.ageofthenerd.com/2015/03/star-trek-3-to-begin-filming-in-june-2015/
  14. http://screenrant.com/star-trek-3-2016-casting-bryan-cranston-filming-locations/
  15. Idris Elba In Early Talks for 'Star Trek 3' Villain
  16. "Star Trek 3 Release Date Set For July 2016" (en inglés). IGN.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda)
  17. "Star Trek Beyond llegará a salas en versión IMAX". Tomatazos.  Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Filmes ambientados no futuro]] [[Categoría:Filmes de Bad Robot Productions]] [[Categoría:Cine producido nos Estados Unidos de América]] [[Categoría:Filmes de Paramount Pictures]] [[Categoría:Filmes de Skydance Productions]] [[Categoría:Filmes de ciencia ficción]] [[Categoría:Cine en lingua inglesa]] [[Categoría:Filmes rodados en Vancouver]]