Universidade Internacional Menéndez Pelayo
Coordenadas: 43°28′22.19″N 3°47′43.17″W / 43.4728306°N 3.795325°W
| Universidade Internacional Menéndez Pelayo | |
|---|---|
| Localización: | Madrid, Santander, Valencia, Barcelona, Cuenca, A Coruña, Granada, Huesca, Sevilla, Tenerife, La Línea de la Concepción. |
| Reitor: | César Nombela |
| Estudantes: | |
| Enderezo: | c/Isaac Peral, 23. Madrid, España |
| Páxina web: | http://www.uimp.es/ |
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) é unha universidade pública española con domicilio social en Madrid e sedes en Santander, Valencia, Barcelona, Cuenca, A Coruña, Granada, Huesca, Sevilla, Tenerife e La Línea de la Concepción (Cádiz).
Trátase dun Organismo Autónomo do Ministerio de Educación e Ciencia que, segundo os seus estatutos, defínese como un «centro universitario de alta cultura». O seu nome rende homenaxe a Marcelino Menéndez Pelayo. É a institución pioneira e decana en España en cursos de verán e cursos de lingua e cultura española para estranxeiros.
Na actualidade, ás súas actividades académicas tradicionais que teñen lugar en Santander, a UIMP incorpora á súa oferta académica a organización e desenvolvemento de ensino oficial de posgraduado, homologada dentro do Espazo Europeo de Educación Superior. A UIMP imparte mestrados en diversas áreas de coñecemento, estando dirixidos a universitarios que xa están en posesión do título de grado ou outro declarado expresamente equivalente.
A súa actividade máis emblemática e tradicional é a que teñen lugar durante o verán no Palacio da Magdalena de Santander, ademais dos cursos de castelán para estranxeiros que se desenvolven durante todo o curso académico no Campus de Las Llamas, na mesma cidade.