Uda, Nara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uda-shi - 宇陀市
Mapa
Uda in Nara Prefecture Ja.svg
Localización de Uda na prefectura de Nara
Map of Japan with highlight on 29 Nara prefecture.svg
Localización da prefectura de Nara no Xapón
Información
País Flag of Japan.svg Xapón
Illa Honshū
Rexión Rexión de Kinki
Prefectura Prefectura de Nara
Superficie 247,62 km2
Poboación 34.927 (2009)
Densidade 141 h/km²
Alcalde Sadao Maeda

Uda (宇陀市, うだし, Uda-shi) é un concello da prefectura de Nara no Xapón. Está situada no centro da rexión de Kinki, ao noreste da prefectura, na illa de Honshū. A súa superficie é de 247,62 km² e a poboación de 34.927 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 141 h/km².

A cidaded de Uda foi fundada pola fusión de 3 concellos de vila (Ōuda-chou, Utano-chou e Haibara-chou) e 1 concello de aldea (Murō-mura) do distrito de Uda no ano 2006.

O concello de Uda limita co concello de Yamazoe, Nara, Sakurai, Yoshino, Higashiyoshino, Soni (son da prefectura de Nara); e Nabari (da prefectura de Mie).