Tyll Kroha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTyll Kroha
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1929
Morte2 de abril de 2015
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemán.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
(2002): Eligiuspreis (DNG).


Tyll Kroha, nado o 12 de agosto de 1929 e finado o 2 de abril de 2015,[1] foi un numismático e comerciante de moedas alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1968, Kroha fundou en Colonia, xunto con Günther Brockmann, un establecemento comercial denominado Kölner Münzkabinett Tyll Kroha (ou simplemente Kölner Münzkabinett), que comezou coas propias moedas das coleccións particulares de ambos os socios. Este negocio caracterizouse pola celebración de grandes poxas de carácter periódico que se menteñen máis de medio século despois. En 1975, Brockmann deixou o negocio e Kroha dirixiu a compañía en solitario ata 2014, cando lla traspasou a Kai Scheuermann.[2] Nesta casa dirixiu persoalmente máis de 100 poxas.[3][4]

Kroha foi membro de honra da Asociación Alemá de Comerciantes de Moedas, e entre 1977 e 1986 foi o segundo presidente desta entidade.[3][4]

No ámbito editorial, Kroha é autor de varios catálogos e manuais, e a súa obra Grosses Lexikon der Numismatik, publicada por primeira vez en 1977, foi considerado durante décadas como obra de referencia para coleccionistas e comerciantes.[3][4]

Paralelamente ao seu labor comercial, a partir de 1954 Tyll Kroha creou a colección numismática da caixa de aforros Kreissparkasse Köln, que coordinou durante máis de 30 anos, e encargouse da serie de exposicións Das Fenster, onde se expuñan os fondos actualizados desta institución.[3][4][5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das principais publicacións de Tyll Kroha:[7][8]

  • (1959). Sparbüchsen. Euin Brevier. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig.
  • (1963). Münzen des Altertums. 2 (ed., con Miller, M.). Klinkhardt & Biermann, Braunschweig.
  • (1961). Münzen sammeln. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig.
  • (1966). Medallen und Plaketten (con Bernhart, M.). Klinkhardt & Biermann, Braunschweig.
  • (1977). Grosses Lexikon der Numismatik. Bertelsmann Lexikon Verlag, Gütersloh. ISBN 978-3577105545
  • (1988). Geldgeschichtliches Museum in der Kreissparkasse Köln (con Lautz, T.). Kreissparkasse Köln.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Traueranzeigen Tyll Kroha". Kölner Stadt-Anzeiger.
  2. "Home". www.koelner-muenzkabinett.de
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Künker, F. R. (2015-b-).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Künker, F. R. (2015-a-).
  5. "Sammlung Geldgeschichte". Kreissparkasse Köln.
  6. "Eligiuspreisträger 1996-2005". (Deutsche Numismatische Gesellschaft.
  7. "Kroha, Tyll". WorldCat Identities.
  8. "Kroha, Tyll 1929- Arquivado 09 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]