Klaus Sommer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKlaus Sommer

Retrato de Klaus Sommer en 1994
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1927
Lankwitz, Alemaña (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1994
Krefeld, Renania do Norte-Westfalia.
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemá.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Premios
(1978, 1982, 1987): Eligiuspreis (DNG).


Klaus Sommer, nado no barrio berlinés de Lankwitz o 11 de decembro de 1927 e finado en Krefeld o 10 de novembro de 1994, foi un numismático alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de formarse como técnico industrial, Klaus Sommer traballou como empregado no sector téxtil na compañía Verseidag, en Krefeld.

A partir de 1975 comezou a facer as súas investigacións acerca das medallas e os medallistas dos séculos XVIII e XIX e polos seus traballos foi premiado pola Sociedade Numismática Alemá en tres ocasións.

En 1986, xunto coa súa filla, a historiadora Susanne Sommer, coordinou a exposición "Krefeld baixo Fedirico o Grande", promovida poloa caixa de aforros Sparkasse Krefeld.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (1981). Die Medaillen des königlich-preussischen Hof-Medailleurs Daniel Friedrich Loos und seines Ateliers. Biblio-Verlag, Osnabrück 1981. ISBN 3-7648-1198-6
  • (1986-a-). Die Medaillen der königlich-preussischen Hof-Medailleure Christoph Carl Pfeuffer und Friedrich Wilhelm Kullrich. Biblio-Verlag, Osnabrück. ISBN 978-3764817213
  • (1986-b-). Krefeld unter Friedrich dem Großen - Eine Dokumentation der Ausstellung im Juli 1986 (con S. Sommer). Sparkasse Krefeld.
  • (1989). Nachtrag zu Die Medaillen der königlich-preussischen Hof-Medailleure Christoph Carl Pfeuffer und Friedrich Wilhelm Kullrich. Biblio-Verlag, Osnabrück 1989.
  • (1989). Emil Weigand, sein Medaillenwerk. Biblio-Verlag, Osnabrück. ISBN 978-3764817657.

Artigos[editar | editar a fonte]

  • (1982). "Friedrich Wilhelm Kullrich - Königlicher Hof-Medailleur in Berlin: Sein Leben und Werk". En Numismatisches Nachrichtenblatt, Nº 10/1982. Vol. 31. Páxinas 292-319.
  • (1994). "Leonhard Posch: Profil-Porträtist der Hautevolee in Wien und Berlin". En Weltkunst. Nº 20/1994. Vol. 64. Páxinas 2664-2668.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Esta exposición deu lugar a unha publicación. Véxase "(1986-b-)" en Publicacións.
  2. "Eligiuspreis 1978-1995". Deutsche Numismatische Gesellschaft.