Twin Fantasy (Face to Face)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Twin Fantasy (Face to Face)
Álbum de Car Seat Headrest
Publicado16 de febreiro de 2018
Gravación2016-2017
Duración71:16
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Matador Records
Producido porWill Toledo
Cronoloxía
Teens of Denial
(2016)
Twin Fantasy (Face to Face) Commit Yourself Completely
(2019)

Twin Fantasy (Face to Face) é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado o 16 de febreiro de 2018 a través do selo Matador Records. O disco é unha regravación e reelaboración completa do sexto álbum de estudio do grupo, Twin Fantasy, editado no ano 2011.

Na versión en CD está incluído o álbum orixinal de 2011.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Twin Fantasy naceu como un álbum en solitario publicado por Will Toledo, principal compositor e cantante de Car Seat Headrest, o día 2 de novembro de 2011. Nunha entrevista para CityBeat Toledo explicou que debido á súa falta de recursos Twin Fantasy non foi capaz de acadar a expansividade que orixinalmente quería, engadindo que, "sinselamente nunca pareceu que o libro estivese pechado".[1] Inicialmente considerou unha reedición, pero despois de reunirse co selo independente Matador Records en 2015, Toledo decidiu revisar todo o material tras o lanzamento de Teens of Style e Teens of Denial.

Gravación e lanzamento[editar | editar a fonte]

A gravación de Twin Fantasy (Face to Face) comezou en 2016, sendo gran parte do traballo instrumental gravado ao vivo polo enxeñeiro Adam Stilson no estudio Soundhouse, en Seattle. As voces graváronse por separado nos Decade Music Studios de Chicago. A post-produción e a mestura fixéronse entre os Decade Music Studios e o apartamento de Will Toledo,[2][3] usando para a meirande parte dos efectos e para as mesturas finais unha vella mesa de mesturas. "Stop Smoking (We Love You)" foi gravada por Toledo no seu apartamento.

O 13 de decembro de 2017 a banda lanzou a versión regravada de "Beach Life-In-Death" en Spotify sen ningún anuncio previo. Este feito disparou os rumores entre os seguidores do grupo sobre que o álbum podería ser regravado no seguinte ano.[4] O 27 de decembro, os seareiros atoparon unha lista de Amazon que detallaba unha versión regravada de Twin Fantasy, e posteriormente subírona ao subreddit de Car Seat Headrest. Despois apareceu unha lista en SRCVinyl.com, con data do 16 de febreiro de 2018,[5] que contiña unha versión resumida do anuncio de prensa de Matador Records[6].

O 9 de xaneiro de 2018 Matador Records anunciou formalmente o lanzamento da regravación, titulada Twin Fantasy (Face to Face). O álbum foi publicado o día 16 de febreiro. O orixinal, rebautizado como Twin Fantasy (Mirror to Mirror), foi editado en vinilo como parte do Record Store Day o 21 de abril. O anuncio do disco tamén coincidiu co anuncio dunha xira e un vídeo musical para o tema "Nervous Young Inhumans".[7]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Will Toledo. 

N.º Título Duración
1. "My Boy (Twin Fantasy)"   2:52
2. "Beach Life-in-Death"   13:19
3. "Stop Smoking (We Love You)"   1:29
4. "Sober to Death"   5:04
5. "Nervous Young Inhumans"   5:25
6. "Bodys"   6:46
7. "Cute Thing" (contén elementos de "Ana Ng", escrita por John Linnell e John Flansburgh) 5:39
8. "High to Death"   7:39
9. "Famous Prophets (Stars)"   16:10
10. "Twin Fantasy (Those Boys)"   6:54
1:11:16

Notas[editar | editar a fonte]