Tuberaria lignosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tuberaria lignosa

Tuberaria lignosa
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Malvales
Familia: Cistaceae
Xénero: Tuberaria
Especie: ''T. lignosa''
Nome binomial
'Tuberaria lignosa'
(Sweet) Samp.

A loitosiña (Tuberaria lignosa) é unha especie de planta da familia das cistáceas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Herba perenne rizomatosa de base leñosa pubescente na parte inferior. Talos de até 40 cm, ascendentes, ramificados. Follas sen estípulas; as basais de até 8,5 (-10) x 2,5 (-3,5) cm, espatuladas ou oblanceoladas, a maioría en roseta; as caulinares máis pequenas ou bracteiformes. Inflorescencia laxa, bracteada, con pedúnculos de 9-25 mm e reflexos na frutificación. Sépalos externos de (1,5-) 3-7,5 x (0,3-) 1-1,4 mm, lineares; os internos de 9-17 x 5-7 mm, ovado-lanceolados. Pétalos de 10-15 mm. Cápsula con valvas ovadas, híspidas no ápice.[1]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Mediterráneo occidental. Entre carrouchas e carrascas sobre chans silíceos. Florece e frutifica de primavera a verán.

Usos[editar | editar a fonte]

Na primavera recóllense as rosetas de follas e as ramas florecidas, para secar á sombra nun lugar seco. Despois de seca, prepáranse infusións para tratar problemas de estómago e das vías urinarias. A decocción de toda a planta, usada soa ou mesturada con malva branca (Malva neglecta) e follas de nogueira (Juglans rexia) empregada como desinfectante tanto para as persoas como para os animais, Utilízase durante os coidados posparto.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santa-Bárbara Carrascosa, C.; Valdés Castrillón B. (2008). Guía de la Flora y Vegetación del Andévalo. Sevilla:Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Andalucía. ISBN 978-84-96776-85-2. 
  2. Carvalho, A. M.; Telo Ramos M. (2012). Etnoflora da Terra de Miranda, Cultibos, Yerbas i Saberes. Picote:FRAUGA, e Instituto Politécnico de Bragança. ISBN 978-989-20-3436-2.