Tres idades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En 1820, Christian Jürgensen Thomsen, ordenou as coleccións do museo de Copenhaguen en función dos materiais utilizados nos artefactos e creou a clasificación chamada das ”Tres Idades”:

Aínda que os últimos termos son aínda utilizados, o sistema das Tres idades caeu en desuso ao ser demasiado simplista e europeísta. Por outra banda, ás citadas etapas engadíronse os termos Paleolítico e Neolítico, introducidos por John Lubbock en 1865:

  • O Paleolítico, idade antiga da pedra, é o período máis antigo, durante o cal a pedra tan só era tallada. Comunmente o seu inicio establécese ao redor dos 2,5 millóns de anos antes do presente. Este período se subdivide ademais en Inferior, medio e Superior.
  • O Neolítico, idade moderna da pedra, é o período que lle segue, durante o cal a pedra era tallada, pero tamén puída. O seu inicio establécese (polo menos para o Próximo Oriente) ao redor dos 10000 anos antes do presente, coincidindo cos inicios do Holoceno. O Neolítico asóciase ademais coa orixe das primeiras economías produtivas, a sedentarización e a aparición e desenvolvemento de novas tecnoloxías.

A periodización actual da Prehistoria é moito máis complexa e está sendo continuamente revisada.