Trees Outside the Academy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trees Outside the Academy
Álbum de Thurston Moore
Edición: 18 de setembro do 2007
Datas de gravación: 2007
Estudio(s) de gravación:
Duración: {{{duración}}}
Xénero: rock alternativo
Selo(s): Ecstatic Peace!
Producido por: John Agnello e Thurston Moore
Cronoloxía
Psychic Hearts Trees Outside the Academy Demolished Thoughts

Trees Outside the Academy é un álbum do músico estadounidense de rock alternativo Thurston Moore, membro da banda Sonic Youth. Foi editado o 18 de setembro do 2007 a través do seu propio selo Ecstatic Peace!, e trátase do seu segundo álbum en solitario, despois de Psychic Hearts (1995). Gravouse co batería de Sonic Youth Steve Shelley e a violinista Samara Lubelski.

As gravacións tiveron lugar no estudio caseiro de J Mascis, guitarrista de Dinosaur Jr. Mascis tamén tocou a guitarra nalgúns dos temas. O álbum estreouse no número 6 da lista Billboard Heatseekers. Conta co tema "Thurston @ 13" que é, "un anaco dunha cinta de casete que Thurston atopou na casa da súa nai de cando tiña 13 anos realizando algún tipo de estraño teatro sonoro".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Thurston Moore.

  1. "Frozen Gtr." - 4:07
  2. "The Shape Is in a Trance" - 4:41
  3. "Honest James" - 3:52
  4. "Silver>Blue" - 5:52
  5. "Fri/End" - 3:33
  6. "American Coffin" - 3:58
  7. "Wonderful Witches + Language Meanies" - 2:26
  8. "Off Work" - 4:14
  9. "Never Day" - 4:03
  10. "Free Noise Among Friends" - 0:36
  11. "Trees Outside the Academy" - 6:07
  12. "Thurston@13" - 2:38