Tratado de Frankfurt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tratado de Frankfurt.

O Tratado de Frankfurt foi un tratado de paz asinado o 10 de maio de 1871 na cidade de Frankfurt entre o Imperio Alemán e Francia unha vez finalizada a guerra franco-prusiana. Ratificou o Tratado de Versalles do 26 de febreiro de 1871 pactado entre Otto von Bismarck e Adolphe Thiers.

Entre outros puntos incluíu a cesión de Alsacia, Lorena e parte dos Vosgos a Alemaña; regulou o pago da indemnización de guerra que debía cubrir Francia e recoñeceu a Guillerme I de Prusia como emperador alemán.