Transferase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A aspartato transaminase de E. coli é un exemplo de transaminase, que transfire grupos amino.

Unha transferase é un encima que cataliza a transferencia dun grupo funcional, por exemplo un metilo ou un grupo fosfato, dunha molécula doadora a outra aceptora. Por exemplo, unha reacción de transferencia é a seguinte:

A–X + B → A + B–X

No exemplo, A é o doador e B é o aceptor. O doador é con frecuencia un coencima.

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

A nomenclatura correcta, en senso estrito, para as transferasas é doador:aceptor grupotransferase. Porén, adoitan empregarse os nomes tradicionais dos encimas, como aceptor grupotransferase ou doador grupotransferase; por exemplo, ADN metiltransferase, que cataliza a transferencia dun ou máis grupos metilo ao ADN, que actúa de aceptor.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Corresponden ao EC 2 na catalogación por medio do número EC. Divídense nas seguintes subclases:

Notas[editar | editar a fonte]

  • EC 2 Introduction do Departmento de Química do Queen Mary - Universidade de Londres.