Tomás Pardo Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomás Pardo
Información persoal
Nome completo Tomás Pardo Vidal
Nacemento 14 de setembro de 1957 (66 anos)
Lugar Alzira, España
Posición Segunda liña
Carreira sénior
Anos Equipos
1974-1978 Vichy
1978-1980 Saint Jean de Luz
1980-1986 R.C. Valencia
1986-1992 R.C. Alzira
Selección nacional
1976-1988 España 38 caps

Tomás Pardo Vidal, nado o 14 de setembro de 1957 en Alzira, é un ex xogador de rugby internacional 38 veces coa selección española, entre 1976 e 1988. A súa posición no campo era a segunda liña, reservada a xogadores de grande estatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva en 1970 nas categorías inferiores do equipo francés de Vichy. En 1974 debutou co primeiro equipo, e en 1978 mudouse ó equipo de Saint-Jean-de-Luz que competía na máxima categoría do rugby francés. En 1980 volveu a España para xogar no Rugby Club Valencia co cal gañou a liga en 1982/83 e foi subcampión da Copa do Rei en 1985/86. Cofundador do Rugby Club Alzira en 1983, ese equipo da súa cidade natal foi o da súa retirada como xogador en 1992, comezando despois unha carreira como adestrador que inclúe unha participación na Copa do Mundo de Rugby 1999 como axudante do seleccionador Alfonso Feijoo.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

De profesión bombeiro, os seus fillos Lionel e Yannick son xogadores de rugby profesionais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]