Tomás Jiménez Esquivias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTomás Jiménez Esquivias
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata (102/103 anos)
Villaverde, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Tomás Jiménez Esquivias, nado en Villaverde (Madrid) en 1921, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Comunista, foi integrante da organización clandestina do PCE en Madrid nos primeiros anos do franquismo.[1] Foi enviado a Galicia a finais de 1945 como axudante de Manuel Blanco Bueno para reactivar o partido e a guerrilla. Comezaron o seu traballo de organización na zona sur, Pontevedra e Ourense, onde o PCE fora desmantelado. Foi detido. Ingresou na Prisión Provincial de Salamanca o 31 de maio de 1947 a disposición do Xulgado Especial de Espionaxe e Outras Actividades, por actividades extremistas. O 25 de xuño foi trasladado á Prisión Provincial de Valladolid. Preso na Colonia Penitenciaría del Dueso (Santoña), saíu en liberdade condicional en 1952.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha en Taller de Historia del PCE "Marusia"". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2021. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  2. BOE, 30-3-1952, p. 1426.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]