Tinguidura de Gram
A tinguidura de Gram é un método utilizado para atopar a presenza de bacterias en mostras histolóxicas. A tinguidura diferencia as bacterias Gram-positivas (GRAM +) das Gram-negativas (GRAM -).
Índice |
Fundamento [editar]
Nas mostras histolóxicas non permiten identificar especialmente a bacteria específica, pero si poñer de manifesto a súa presenza no tecido e mostrar algunhas das súas características morfolóxicas básicas. Mediante esta técnica é posible identificar se son cocos (corpos esféricos), bacilos (corpos alongados), ou espiroquetas (corpos enrolados en espiral); e incluso una vez tinguidos diferenciar as GRAM + (azul/negro), GRAM- (vermello) ou as ácido-alcohol resistentes.
As bacterias GRAM+ posúen unha cápsula rica en grumos susceptibles de formar enlaces estables co violeta de metilo previo tratamento con lugol.
Preparación da mostra histolóxica [editar]
O fixador ideal para este tipo de técnica é unha solución de formol, e o corte óptimo é de 5 micras.
Reactivos [editar]
- Violeta de metilo
- 100cc Metanol ó 25%
- 0,5gr. Violeta de metilo (cristais)
- Iodo de GRAM (Lugol):
- 1gr. Iodo
- 2gr. Ioduro potásico
- 300cc Auga destilada
- Alcohol Iodado
- 1cc Tintura de Iodo
- 99cc Alcohol absoluto
Procedemento [editar]
- Desparafinar con xilol (2 cubetas, 3 minutos cada unha)
- Hidratar con alcohol de 95% y 100% (3 minutos cada un).
- Tinguir coa solución de Violeta de metilo (30 seg.).
- Lavar con auga destilada.
- Lavar con Iodo de Gram (2 min).
- Diferenciar con Alcohol iodado ata que o alcohol quede un pouco tinguido co violeta de metilo.
- Lavar ben con auga destilada (varios baños se é preciso).
- Coloración de contraste con vermello neutro (3min).
- Lavar con auga destilada (un único baño).
- Deshidratar con alcohol de 95% e 100% (3 min cada un).
- Aclarar con xileno (3 min)[2cubetas].
- Montar nun medio resinoso.
Resultados [editar]
- Bacterias Gram +: negro azulado
- Bacterias Gram -: vermello
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Bibliografía [editar]
- Sheehan, Dezna; Hrapchak, Barbara (1980). Theory and practice of Histotechnology (2 Ed ed.).
- Baker, J.R. (1964). The histochemical recognition of lipine.
- Métodos Histotecnológicos. ARP. 1992.