Cápsula bacteriana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama de estruturas extracelulares bacterianas: 1-cápsula, 2-capa mucosa ou glicocálix bacteriano, 3-biopelícula.

A cápsula bacteriana é unha capa con beiras definidas que recobre a superficie de moitas células bacterianas. A cápsula está por riba da parede celular bacteriana. É unha capa ben organizada e non se pode eliminar doadamente con lavados. A cápsula protexe eficazmente á bacteria, pode ser un factor de virulencia e causa de moitas enfermidades.[1]

A cápsula pode distinguirse doutras estruturas celulares bacterianas. A cápsula é unha capa ríxida organizada de matriz impermeable que exclúe colorantes como a tinta chinesa. En cambio, a capa de material extracelular que se deforma doadamente, non pode excluír partículas e non ten un límite definido, denomínase capa mucosa ou glicocálix bacteriano.[2]

Cando unha sereción viscosa amorfa (que é o compoñente da cápsula) difunde no medio que rodea a bacteria e permanece ao seu redor en forma dunha capa de secreción frouxa e sen límites definidos, denomínase capa mucosa.

As cápsulas demasiado pequenas como para poder ser vistas con microscopio ordinario, como a de Streptococcus pyogenes, denomínanse microcápsulas.[3]

Composición[editar | editar a fonte]

Xeralmente contén glicoproteínas e un gran número de polisacáridos diferentes, incluíndo polialcohois e aminoazúcres.[4] Presenta polipéptidos en B. anthracis[5]. As cápsulas son difíciles de tinguir utilizando as tinguiduras estándar. Nun exame microscópico, a bacteria e o seu fondo tínguense máis escuras ca a cápsula, que non se tingue, polo que semella un anel pálido que rodea a célula.

Función[editar | editar a fonte]

A cápsula ten principalmente unha función protectora. Considérase un factor de virulencia porque aumenta a capacidade da bacteria de producir enfermidades ao dificultar a fagocitose. A cápsula pode protexer as células da fagocitose dos macrófagos.[6] [7] As cápsulas conteñen tamén auga e protexen a bacteria contra a desecación. Pode ser un lugar de depósito de alimentos e de refugallos. Tamén é unha barreira que evita o ataque dos bacteriófagos e protexe contra moitos materiais tóxicos hidrofóbicos e deterxentes. As cápsulas tamén axudan a adherirse a superficies.[2][1]

Exemplos[editar | editar a fonte]

A cápsula é máis común nas bacterias Gram negativas. Por exemplo:

Porén, tamén hai algunhas Gram positivas con cápsula:[1]

Ademais de nas bacterias, algún eucariota ten tamén cápsula, como o lévedo Cryptococcus neoformans.[15]

Demostración da cápsula[editar | editar a fonte]

  1. Tinguidura con tinta chinesa: a cápsula aparece como un halo claro arredor da bacteria, xa que a tinta non pode penetrar na cápsula.
  2. Métodos serolóxicos: O material capsular é antixénico e pode ser demostrado mesturándoa cun soro anticapsular específico, como na reacción de Quellung[16]. Cando se observa ao microscopio a cápsula aparece inchada debido á combinación e precipitación do complexo formado co anticorpo e ao incremento de tensión superficial (quellung significa inchar en alemán).

As cápsulas poden ser difíciles de ver coas técnicas normais. No xénero Mycobacterium algunhas especies parecen non ter cápsula, pero esta pode demostrarse con técnicas microscópicas especiais, como no caso de M. tuberculosis.[6]

Uso na vacinación[editar | editar a fonte]

A vacinación utilizando material capsular é efectiva contra algúns organismos, como H. influenzae tipo b e S. pneumoniae.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Todar's Online Textbook of Bacteriology [1]
  2. 2,0 2,1 M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxina 91. ISBN 84-205-3679-2.
  3. C J Baker, D L Kasper. Microcapsule of type III strains of group B Streptococcus: production and morphology. Infection and Immunity Jan 1976, p. 189-194, Vol 13 No 1. [2]
  4. P. Tauro, K.K. Kapoor, K. S. (1986) An Introduction to Microbiology, New Age Publishers, ISBN:0852268785.
  5. Ezzell JW, Welkos SL. The capsule of bacillus anthracis, a review. J Appl Microbiol. 1999 Aug;87(2):250. PMID 10475959 [ [3]
  6. 6,0 6,1 Daffé M, Etienne G (1999). "The capsule of Mycobacterium tuberculosis and its implications for pathogenicity". Tuber Lung Dis 79 (3): 153–69. doi:10.1054/tuld.1998.0200. PMID 10656114.
  7. B. J. Wilkinson, P. K. Peterson, P. G. Quie. Cryptic Peptidoglycan and the Antiphagocytic Effect of the Staphylococcus aureus Capsule: Model for the Antiphagocytic Effect of Bacterial Cell Surface Polymers. Infection and Immunity, Feb. 1979, p. 502-508 Vol. 23, No. 2. [4]
  8. Yoshida K, Matsumoto T, Tateda K, Uchida K, Tsujimoto S, Yamaguchi K (November 2000). "Role of bacterial capsule in local and systemic inflammatory responses of mice during pulmonary infection with Klebsiella pneumoniae". J. Med. Microbiol. 49 (11): 1003–10. PMID 11073154. http://jmm.sgmjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=11073154.
  9. Schouls L, van der Heide H, Witteveen S, et al. (2008). "Two variants among Haemophilus influenzae serotype b strains with distinct bcs4, hcsA and hcsB genes display differences in expression of the polysaccharide capsule". BMC Microbiol. 8: 35. DOI:10.1186/1471-2180-8-35. PMC 2267795. PMID 18298818. http://www.biomedcentral.com/1471-2180/8/35.
  10. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC209741/
  11. Inda Marcela Figueroa Ochoa, Antonio Verdugo Rodríguez. Mecanismos moleculares de patogenicidad de Salmonella sp. Revista Latinoamericana de Microbiología. Review article. Vol. 47, No. 1-2, January - March. 2005. April - June. 2005, pp. 25 - 42. [5] Cita: "La presencia de cápsula y flagelo en Salmonella depende de la especie en cuestión, solamente S. enterica serovar Typhi, S. enterica serovar Paratyphi C y S. enterica serovar Dublin presentan cápsula."
  12. D. L. Gibson, A. P. White, S. D. Snyder, S. Martin, C. Heiss, P. Azadi, M. Surette, e W. W. Kay. Salmonella Produces an O-Antigen Capsule Regulated by AgfD and Important for Environmental Persistence. J Bacteriol. 2006 November; 188(22): 7722–7730. doi: 10.1128/JB.00809-06. [6]
  13. Gunnar Lindahl, Margaretha Stålhammar-Carlemalm e Thomas Areschoug. Surface Proteins of Streptococcus agalactiae and Related Proteins in Other Bacterial Pathogens. Clinical Microbiology Reviews doi: 10.1128/​CMR.18.1.102-127.2005. January 2005 vol. 18 no. 1 102-127. [7]
  14. Paskal J. M. Kiers1, Rolf Bos1, Henny C. van der Mei1 e Henk J. Busscher. The electrophoretic softness of the surface of Staphylococcus epidermidis cells grown in a liquid medium and on a solid agar. Microbiology March 2001 vol. 147 no. 3 757-762. [8]
  15. Gates MA, Thorkildson P, Kozel TR (April 1390). "Molecular architecture of the Cryptococcus neoformans capsule". Mol. Microbiol. 52 (1): 13–24. DOI:10.1111/j.1365-2958.2003.03957.x. PMID 15049807. http://www3.interscience.wiley.com/resolve/openurl?genre=article&sid=nlm:pubmed&issn=0950-382X&date=2004&volume=52&issue=1&spage=13.
  16. Fisher, Bruce; Harvey, Richard P.; Champe, Pamela C.. Lippincott's Illustrated Reviews: Microbiology (Lippincott's Illustrated Reviews Series). Hagerstwon, MD: Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 0-7817-8215-5. Page 340

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]