Tim Behrens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTim Behrens
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 2017 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
Slade School of Fine Art (pt) Traducir
Eton College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
"Combate entre Hércules e Xerión", de Xosé Espona e Tim Behrens, no parque escultórico da Torre de Hércules[1]

Timothy John Behrens, chamado Tim Behrens, nado en Londres en 1937 e finado na Coruña o 8 de febreiro de 2017, foi un pintor e escritor galego-británico, vinculado á Escola de Londres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Behrens, de familia xudía, estudou na Escola de Belas Artes Slade do University College de Londres, en Londres. Nesa etapa de formación moveuse por distintos bares e clubs de bebida de artistas e intelectuais, como The Colony Room, onde fixo grupo con artistas que logo foron coñecidos como a Escola de Londres, e que compartían uns ideais estéticos e artísticos: Lucian Freud, Francis Bacon, John Deakin, Frank Auerbach ou Michael Andrews.[2] Neses anos cincuenta e sesenta do século XX, Behrens pintaba e ao mesmo tempo posaba como modelo: el é o personaxe que aparece no cadro Red-Haired Man on a Chair (Home roxo nunha cadeira), de Lucian Freud de 1962[3]) e 1963,[2] e o protagonista do Retrato de Timothy Behrens, unha obra de Michael Andrews que pertence á colección permanente do Museo Thyssen-Bornemisza).[4]

Parte da súa carreira pictórica posterior desenvolveuna en países do sur de Europa, como Italia, Grecia ou España. En 1985 instalouse na Coruña, cidade na que faleceu.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

  • El monumento, 2003, traducido do orixinal inglés.
  • Poniéndose ya el abrigo, 2010, traducido do orixinal inglés.
  • Amores y pesadillas, 2009 (poesía)
  • Aquí se puede fumar, 2012 (poesía)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado, tivo un fillo, Charles Behrens, videocreador.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]