Tia Carrere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tia Carrere
Tia Carrere 2009.jpg
Carrere en Hollywood no 2009
Nacemento Althea Rae Duhinio Janairo
2 de xaneiro de 1967
Honolulu, Flag of Hawaii.svg Hawai, Estados Unidos
Profesión Actriz, modelo e cantante
(1985-presente)
Cónxuxe(s) Elie Samaha (19922000) (divorciados)
Simon Wakelin (20022010) (divorciados) 1 filla en común
Fillo(s) Bianca Wakelin
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Tia Carrere, nada como Althea Rae Duhinio Janairo o 2 de xaneiro de 1967 en Honolulu, é unha actriz, modelo e cantante hawaiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro papel importante como actriz foi na telenovela estadounidense da ABC General Hospital. Porén é máis coñecida por interpretar o personaxe de Cassandra Wong nos filmes Wayne's World e Wayne's World 2. Tamén fixo de actriz de dobraxe no filme de animación Lilo & Stitch, no que fai a voz de Nani. Así mesmo, destaca o seu traballo en televisión con series como Duck Dodgers e Cazatesouros, nesta última facendo o papel protagonista de Sydney Fox.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tia Carrere