Thriller (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thriller
Álbum de Michael Jackson
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: abril - novembro de 1982
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: R&B, pop, rock
Selo(s): Epic Records
Producido por: Michael Jackson, Quincy Jones
Cronoloxía
Off the Wall Thriller Bad

Thriller é o sexto álbum de estudio gravado polo artista estadounidense Michael Jackson. Editouno a casa Epic Records o 30 de novembro de 1982 tras o éxito de Off the Wall en 1979, explorando xénoros similares incluíndo funk (Billie Jean ou Thriller), rock duro (Beat It) música disco, soul (Baby be mine), R&B, e pop (The Girl Is Mine) con letras sobre a paranoia e o sobrenatural.

O álbum contou cun presuposto de 750.000 dólares e as gravacións realizáronse entre abril e novembro de 1981 nos Westlake Recording Studios dos Ánxeles, coa colaboración do produtor Quincy Jones. Jackson escribiu catro dos nove temas. Tras o lanzamento do primeiro sinxelo "The Girl Is Mine", no que Jackson canta a dúo con Paul McCartney, parecía que ía ser un éxito menor; co segundo sinxelo, "Billie Jean", o álbum chegou ó alto das listas en moitos países, chegando a vender medio millóns de discos por semana e ó ano converteuse no álbum máis vendido de todos os tempos, e aínda permanece como tal, cuns 110 millóns de discos vendidos. Sete das nove cancións editáronse como sinxelos, e todas chegaron ás dez primeiras do Billboard Hot 100. Nos premios Grammy de 1984 obtivo oito premios.

Thriller outorgoulle definitivamente a Jackson a categoría de estrela predominante do pop de finais do século XX, converteuse nun símbolo dos anos 80 e rompeu as barreiras raciais coas súas aparicións na MTV e as súas entrevistas con Ronald Reagan na Casa Branca. O álbum foi tamén un dos primeiros en utilizar con éxito videoclips como ferramenta promocional; o vídeo de "Thriller" dirixido por John Landis está considerado como un dos mellores nunca realizados.

No ano 2001 editouse unha edición especial do álbum, incluíndo material inédito, e en 2008 foi de novo editado como Thriller 25, contendo remixes de artistas contemporáneos, ademais dunha canción inédita e un DVD

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Escritor(es) Produtor(es) Duración
1. "Wanna Be Startin' Somethin'"   Michael Jackson Quincy Jones, Jackson (co) 6:02
2. "Baby Be Mine"   Rod Temperton Jones 4:20
3. "The Girl Is Mine" (con Paul McCartney) Jackson Jones, Jackson (co) 3:42
4. "Thriller"   Temperton Jones 5:57
5. "Beat It"   Jackson Jones, Jackson (co) 4:18
6. "Billie Jean"   Jackson Jones, Jackson (co) 4:54
7. "Human Nature"   Steve Porcaro, John Bettis Jones 4:06
8. "P.Y.T. (Pretty Young Thing)"   James Ingram, Jones Jones 3:59
9. "The Lady in My Life"   Temperton Jones 4:59