They Might Be Giants
| They Might Be Giants | |
|---|---|
John Flansburgh e John Linnell |
|
| Información | |
| Orixe | Nova York, Estados Unidos |
| Período | 1982 - presente |
| Xénero(s) | rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Bar/None Records Barsuk Records Restless Records Elektra Records Zoë Records Disney Sound Records Idlewild Records |
| Membros | Marty Beller John Flansburgh John Linnell Dan Miller Danny Weinkauf |
| Antigos membros | Hal Cragin Brian Doherty Dan Hickey Graham Maby Tony Maimone Eric Schermerhorn |
| Web oficial | theymightbegiants.com |
They Might Be Giants (ás veces abreviado como TMBG) é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1982 na cidade de Nova York por John Flansburgh e John Linnell. Durante os primeiros anos do grupo Flansburgh e Linnell estaban acompañados frecuentemente por unha caixa de ritmos. A comezos dos anos 90 They Might Be Giants converteuse nunha banda completa. Na actualidade os seus membros son Flansburgh, Linnell, Marty Beller, Dan Miller e Danny Weinkauf. A banda é coñecida polo seu estilo pouco convencional e experimental de música alternativa. Recentemente o grupo tivo éxito realizando música para nenos e sintonías para programas de televisión e películas.
O seu nome provén dun filme de George C. Scott, inspirado no episodio do Don Quixote onde se enfronta aos muíños que "poderían ser xigantes".
A banda leva editados 14 álbums de estudio. O seu traballo Flood foi certificado platino, e o seu álbum de música infantil Here Come the ABCs foi certificado ouro. O grupo gañou dous premios Grammy, un en 2002 pola súa canción "Boss of Me", que foi o tema da serie Malcolm in the Middle. O seu segundo Grammy gañouno no 2009 polo seu álbum Here Come the 123s. They Might Be Giants leva vendidos ao redor dos 4 millóns de discos.
Índice |
Membros [editar]
- John Linnell - Acordeón, teclado, frauta, vocal
- John Flansburgh - Guitarra, vocal
- J. D. Feinberg - Batería
- Kurt Hoffman - Trompeta, teclado
- Brian Doherty - Batería
- Tony Maimone - Baixo
- Graham Maby - Baixo
- Eric Schermerhorn - Guitarra solo
- Dan Hickey - Batería
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
EP [editar]
|
Ao vivo [editar]
Compilacións [editar]
|