Malcolm in the Middle
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Malcolm in the Middle | |
|---|---|
| Formato | Comedia |
| Creado por | Linwood Boomer |
| Dirixido por | Todd Holland (varios episodios) e outros |
| Intérpretes | Jane Kaczmarek Bryan Cranston Christopher Kennedy Masterson Justin Berfield Erik Per Sullivan Frankie Muniz Catherine Lloyd Burns (2002) |
| Tema de apertura | "Boss of me" de They Might Be Giants |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Número de episodios | 151 |
| Produción | |
| Cámara | Cámara única |
| Duración | 24 min. |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | FOX |
| Formato de imaxe | 2000 - 2004 SDTV 16:9 2004 - 2006 HDTV 720p |
| Tempo de emisión | 9 de xaneiro de 2000 – 14 de maio de 2006 |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
Malcolm in the middle é unha serie de televisión cómica da canle FOX, gañadora sete veces do Emmy, unha vez do Grammy e sete veces nomeada ao Globo de Ouro. Comezou a transmitirse no 2000 e finalizou no 2006 despois de 7 tempadas.
Índice |
Personaxes [editar]
A familia [editar]
- Frankie Muniz como Malcolm
- Jane Kaczmarek como Lois, a nai de Malcolm
- Bryan Cranston como Hal, o pai de Malcolm
- Justin Berfield como Reese, 2º irmán maior de Malcolm
- Erik Per Sullivan como Dewey, irmán menor de Malcolm
- Christopher Kennedy Masterson como Francis, o irmán meirande de Malcolm
- James e Lukas Rodriguez como Jamie, o irmán máis novo que aparece nos derradeiros episodios
Música [editar]
A canción principal da serie é Boss of me, que está interpretada por They Might Be Giants.
Un soundtrack, Music from Malcolm in the Middle, foi lanzado o 21 de novembro do 2000.[1]