The Tansads

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concerto da banda en 2010. De esquerda a dereita J. Kettle, A. Kettle, Dominic Lowe, J. Anderton, Phill Knight, Ed Jones, B. Kettle e Lee Goulding.

The Tansads foi unha banda inglesa de Wigan, Gran Manchester da década de 1990. Tocando unha mestura de folk, punk e música indie desenvolveron unha grande actividade nos circuítos de directo, pero non tanto a nivel de venda de discos. O final da carreira da banda foi narrado nun libro polo ex-membro Ed Jones.

Historia[editar | editar a fonte]

Os núcleo do grupo eran a vocalista Janet Anderton e os tres irmáns Kettle: John (guitarrista e compositor principal), Bob (mandolina, guitarra e harmónica) e Andrew "Kek" (vocalista). Anderton estivo previamente nunha banda chamada The Bonny Saloons con John e Bob. O nome "Tansad" provén dunha marca de carriño de bebé.[1] O estilo da banda mesturaba estilos e letras centradas en xeral nos caprichos da vida da clase traballadora do norte de Inglaterra, entre Gales e Escocia. Anderton e Andrew Kettle compartiron a voz principal, con algúns temas que presentaban un ou outro só e outros que presentaban a interacción da voz clara de Anderton coa áspera e grave de Kettle.

A banda conseguiu éxito local significativo na súa cidade de casa de Wigan, e nos primeiros 1990s foi apoiada por outra banda local, The Verve (entón só Verve). Na altura, os dous eran vistos como dous grandes na escena de Wigan.[2] Outras bandas que apoiaron os Tansads foron Pulp, Cast e Kula Shaker. En 1991 lanzaron o álbum de debut Shandyland nun selo independente.

Dous anos máis tarde sacaron Up the Shirkers co selo MusiDisc que previamente lanzara o álbum debut de The Levellers, banda coa que se comparaba aos Tansads a miúdo. Os seus caóticos e frenéticos directos xeraban moito interese, mais tamén empezaron unha serie de cambios nos membros da banda. Guy Keegan, anteriormente en The Railway Children entrou no grupo para un novo álbum.

En 1994 sacaron o álbum Flock con Trasatlantic Records.

Cambio de dirección[editar | editar a fonte]

Após o álbum en directo de 1995 Drag Down the Moon, a banda fixo unha pausa de tres anos. Logo regresaron cunha formación distinta que contaba só con Anderton e John Kettle e un novo son que prescindiu dos elementos folk en favor dun son indie rock máis convencional. En marzo de 1998, esta formación publicou o Reason to Be nun selo independente antes de se disolver. En 2001 houbo informes de que a banda se reformara unha vez máis, con Anderton agora substituído por unha vocalista adolescente chamada Laura Follin, pero non apareceron novas gravacións.

Post-división[editar | editar a fonte]

O ex-baixista Ed Jones, que volveu ao xornalismo despois de deixar a banda, escribiu un libro, This is Pop: The Life and Times of a Failed Rock Star, detallando o seu tempo na banda e os enfrontamentos de personalidade que sentiu que provocaron a súa carreira fallar.[3]

John Kettle traballa como produtor no seu propio estudo chamado Jaraf House Studios e, xunto coa produción de cancións para un notable talento local, estivo traballando en novas gravacións cos seus irmáns e antigos membros da banda baixo o nome de Merry Hell.[4]

Concertos de reencontro[editar | editar a fonte]

Despois de meses de especulacións na súa páxina de Facebook, a banda anunciou no seu sitio web oficial [5] que tocarían dous concertos de reunión en xullo de 2010 en The Citadel en St. Helens, para celebrar o 20º aniversario dos seus primeiros concertos. Pouco despois engadiuse unha terceira cita. Trece membros anteriores da banda apareceron nos concertos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Shandyland (1991)
  • Up the Shirkers (1993)
  • Flock (1994)
  • Reason to Be (1998)

Singles[editar | editar a fonte]

Brian Kant (yeah-yeah-yooh) (1992)

  1. "Brian Kant ( yeah-yeah-yooh )"
  2. "Zig Zag"
  3. "Fear of falling"
  4. "Set you free"

Up the Revolution (1993)

  1. "Up the Revolution" (edición de radio)
  2. "Up the Revolution" (versión do álbum)
  3. "John John"
  4. "Sun Golden Sun"

The English Rover (1993)

  1. "The English Rover"
  2. "Feed Me" (versión skiffle)
  3. "Four Leaf Clover"
  4. "Girlfriend of the Free" (demo inicial)

Camelot (1993)

  1. "Camelot"
  2. "Gelignite"
  3. "Satisfied"

Iron Man/A Band on the Rainbow (1994)

  1. "Iron Man"
  2. "A band on the Rainbow"
  3. "I Don't Know"

A Band on the Rainbow (1994)

  1. "A Band on the Rainbow"
  2. "The English Rover" (en directo)
  3. "Cobbly Back Yard" (en directo)
  4. "Thursday's Child"

I Know I Can (But I Won't) (1995)

  1. "I know I can (but I won't)"
  2. "Drag the Moon"
  3. "And Oh. . ."

Lanzamentos promocionais[editar | editar a fonte]

  • Mostras de Transatlantic Records (1994) Edición limitada de 5000 copias no Reino Unido con 8 pezas, dúas delas dos Tansads, xunto a Energy Orchard, The Dear Janes e Four Men and a Dog.
  • G-Man (1995) ( Mostra de tres pezas editada en Francia )
  • Where have all the flowers gone (1995) (Só se lanzou como un CD de demostración dunha pista)

Cintas autoeditadas[editar | editar a fonte]

Antes de que a banda lanzase Shandyland, gravaron catro casetes que se vendían nos concertos. Inclúen os primeiros traballos de cancións que máis tarde serían regravadas para álbums e caras B, algunhas das cales varían bastante das versións finais. A maioría das cancións foron lanzadas nun novo álbum, Rough and Ready (The Early Tapes) para coincidir cos concertos de reunión en 2010.

  • The Den. Cinta de seis cancións.
  • Wayward & Wonderful. Cinta de seis cancións.
  • Big Wednesday. Cinta de oito pezas.
  • Juvenile. Cinta de seis pezas.

Recompilatorio de música celta e derivados[editar | editar a fonte]

A peza de The Tansads (ás veces escrito Tansands) Eye of the average foi incluída no segundo álbum dobre recompilatorio Gaitas, violines y otras hierbas (DRO, 1993), no que participaron grupos galegos como Os Diplomáticos e Na Lúa, alén doutros grupos de éxito internacional como The Dubliners, Loreena McKennitt, The Pogues, Celtas Cortos, The Chieftains con Van Morrison, Clannad, Gwendal ou Alan Stivell.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista da banda en Folk Roots nº 120, en xuño de 1993
  2. "Arquivado en archive.org". Music Waves. Archived from the original on 13-08-2004. Consultado o 4-1-2022. 
  3. Jones, Ed. This is Pop: The Life and Times of a Failed Rock Star. Canongate Books. ISBN 0-86241-880-1. 
  4. "Tansads, a banda de rock de Wigan". Wigantoday.net. Consultado o 4-1-2022. 
  5. "The Tansads". Páxina oficial. Consultado o 4-1-2022. 
  6. "GVYOH 1". Discogs. Consultado o 4-1-2021. 
  7. "GVYOH". Discogs. Consultado o 4-1-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]