The Jimi Hendrix Experience

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Jimi Hendrix Experience
Jimi Hendrix Experience in Fenklup.png
Orixe Londres, Inglaterra Inglaterra
Período 1966 - 1970
Xénero(s) rock psicodélico, acid rock, blues rock, hard rock, heavy metal
Selo(s) discográfico(s) Track, Reprise, Polydor, Barclay, MCA
Membros Jimi Hendrix
Mitch Mitchell
Noel Redding
Billy Cox

The Jimi Hendrix Experience foi unha banda de rock psicodélico anglo-estadounidense formada en Londres en outubro de 1966. Formada polo cantante, compositor e guitarrista Jimi Hendrix, o baixista e corista Noel Redding e o batería Mitch Mitchell, o grupo estivo activo ata xuño de 1969, e editou tres exitosos álbums de estudio. Despois de que Redding deixase o grupo, Hendrix e Mitchell estiveron xuntos noutros proxectos. The Experience "reuníuse" en 1970 con Billy Cox ata a morte de Hendrix no mes de setembro dese ano. Redding morreu en 2003 e Mitchell sería o último membro orixinal en morrer, en novembro do 2008.

Amplamente recoñecida como unha gran influencia no desenvolvemento do hard rock e o heavy metal a finais dos 60 e máis alá, The Experience foi coñecida polas habilidades, estilo e carisma do seu líder Jimi Hendrix, que foi elixido como un dos mellores guitarristas por varias publicacións e autores. Os tres álbums de estudio da banda, Are You Experienced (1967), Axis: Bold as Love (1967) e Electric Ladyland (1968), aparecen na revista da Rolling Stone do 500 mellores álbums de todos os tempos, nas posicións 15, 82 e 54 respectivamnte. En 1992 The Jimi Hendrix Experience foi introducido no Rock and Roll Hall of Fame.

Discografía[editar | editar a fonte]