Are You Experienced

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Are You Experienced
Álbum de The Jimi Hendrix Experience
Publicado12 de maio de 1967
Gravacióndecembro de 1966 - abril de 1967
Estudio(s)De Lane Lea, CBS e Olympic Studios, Londres
Duración40:12
Xénero(s)rock psicodélico, blues rock, heavy metal, hard rock, acid rock
Selo(s)Track (mono), Barclay (mono), Polydor (Europa – efecto estéreo falso, estranxeiro – mono), Reprise (diferentes recompilacións, estéreo [nova mestura]) e edicións mono, MCA
Producido porChas Chandler
Cronoloxía
- Are You Experienced Axis: Bold as Love

Are You Experienced é o álbum de estrea da banda anglo/estadounidense de rock The Jimi Hendrix Experience. Publicado o 12 de maio de 1967, foi o primeiro LP para o selo Track Records. O disco destacou a base R&B de Hendrix, a súa psicodelia, e o seu xeito de tocar a guitarra eléctrica con distorsión e retroalimentació, e converteuno nunha estrela internacional.

Are You Experienced vén sendo un éxito comercial e de crítica dende o seu lanzamento. O álbum acadou o número 2 no Reino Unido, tras o disco dos Beatles Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band. A versión estadounidense do traballo contén algunhas das cancións máis coñecidas de Hendrix, como "Purple Haze", "Hey Joe", "The Wind Cries Mary" e "Fire". No ano 1987, como parte do seu 20 aniversario, a revista Rolling Stone situouna no número 5 da súa lista dos "100 mellores álbums dos últmos vinte anos". No 2003 foi colocado no númeor 15 da lista dos "500 mellores álbums de todos os tempos" da mesma revista[1].

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Jimi Hendrix agás onde se indique. 

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Foxy Lady"   3:22
2. "Manic Depression"   3:46
3. "Red House"   3:53
4. "Can You See Me"   2:35
5. "Love or Confusion"   3:17
6. "I Don't Live Today"   3:58
Cara 2
N.º Título Duración
7. "May This Be Love"   3:14
8. "Fire"   2:47
9. "Third Stone from the Sun"   6:50
10. "Remember"   2:53
11. "Are You Experienced?"   4:17

Notas[editar | editar a fonte]