The Fields of Athenry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Fields of Athenry (Os campos de Athenry) é unha célebre canción popular irlandesa. Compúxoa na década de 1970 Pete St John, moi popular en Irlanda e noutros lugares, converteuse no himno oficial de organizacións, equipos deportivos e na canción característica da Gran fame irlandesa, tema do que trata a canción.

Difusión[editar | editar a fonte]

En Irlanda, case todo o mundo coñece a canción, Danny Doyle, chegando aos primeiros postos da Irish Singles Chart, mais a versión máis famosa foi a de Paddy Reilly en 1983, existen versións tamén de Frank Patterson, Ronan Tynan, Brush Shiels, James Galway e Dropkick Murphys.

Militantes do movemento republicano irlandés ás veces cantan a música coa letra cambiada "Where once we watched the small free birds fly - oh baby, let the free birds fly / Our love was on the wing - Sinn Féin / We had dreams and songs to sing - IRA / It's so lonely round the Fields of Athenry. "[1][2] A canción utilízase tamén moito no ámbito deportivo, cántase como coro nos estadios polos seareiros do Munster Rugby, London Irish e case todos os clubs de rugby irlandeses, pero tamén no fútbol polos afeccionados do Celtic FC, un equipo de Glasgow con fortes ligazóns coa Irlanda. Sectores unionistas de Irlanda do Norte adaptaron a música, mudando o refrán para Low lie, the fields of Ballynafeigh. "The Fields of Anfield Road" cántano en Inglaterra os seareiros do Liverpool FC, modificando o tema coa historia do club e do seu estadio. Os afeccionados do Rangers FC, históricos rivais do Celtic, cantan "A Father's advice", co mesmo motivo.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O texto da canción fala da gran fame irlandesa, e máis precisamente o da historia dun prisioneiro ficticio irlandés que a través das paredes dun presidio, escoitado a conversa dun home novo coa súa compañeira, fóra dos muros da cadea. O mozo vai ser transportado ao penal australiano de Botany Bay por roubar comida para manter a súa familia, en situación de pobreza pola fame. O home probablemente vén de Athenry, como suxire o seu título e o refrán da canción, unha viliña no Condado de Galway que nese período sufriu terriblemente pola fame. O último verso narra a partida para o navío-cadea, que desaparece no horizonte diante dos ollos das mulleres, axiña como a última estrela da noite desaparece.

Notas[editar | editar a fonte]