The Fear of Freedom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Fear of Freedom (O medo á liberdade) é un libro de Erich Fromm publicado en 1942, no cal trata de explicar a crise contemporánea da civilización occidental, relacionada coa liberdade do home.

Análise da obra[editar | editar a fonte]

Esta obra forma parte dun estudo mais amplo acerca da estrutura do carácter do home moderno e dos problemas que observa Fromm na interacción dos factores sociolóxicos e psicolóxicos, no que traballa o autor nos anos 30. Decidiu dedicarse ao que é o tema principal desta obra: o significado da liberdade para o home moderno, incluíndo os factores que principalmente non permiten o desenvolvemento desta.

A tese que defende o pensamento de Fromm nesta obra é principalmente que o home moderno, liberado dos lazos da sociedade preindividualista, non puido lograr a liberdade. A noción de liberdade que se emprega nesta obra non é en sentido positivo de "liberdade para", senón no sentido negativo de "liberdade de", é dicir liberdade da determinación instintiva para actuar todo isto no contexto de que a existencia do home e a liberdade son inseparables dende un principio. E foi así na realización do seu ser individual. A análise do que Fromm di sobre estes mecanismos de evasión pódense explicar tomando un dos patróns ou definicións de sanidade con respecto á interacción social que menciona a psicoloxía. O san pode definirse de dúas maneiras: socialmente e individualmente. Unha persoa sa ou normal socialmente é aquela capas de cumprir co papel social que lle toca desempeñar, e ademais cando é capas da reprodución, vale dicir, formar unha familia. Dende o punto de vista individual, en cambio, a persoa sa é aquela que logra un grao óptimo de expansión e felicidade individuais. na maioría das sociedades non se dan as condicións para que se cumpran ambas as dúas posibilidades. Frecuentemente acontece que para que alguén poida adaptarse á sociedade (é dicir sexa san socialmente) debe sacrificar o seu eu individual, a súa expansión e felicidade individuais. Precisamente o neurótico é aquel que non esta disposto a someter completamente o seu eu nesta loita. Dende logo que o seu intento por salvar o seu eu individual non tivo éxito, e en lugar de expresar a súa personalidade creadoramente, busco a salvación nos síntomas neuróticos, retraéndose nunha vida de fantasía. Dende esta perspectiva o neurótico seria mais san que a persoa que sacrifico a súa individualidade no seu afán de adaptarse socialmente.

A definición dos mecanismos de evasión nomeados neste libro por Fromm son:

  • O autoritarismo: é un mecanismo de evasión da liberdade que consiste na tendencia a abandonar a independencia do eu individual para fundirse con algo ou alguén exterior, co fin de adquirir a forza da que o eu mesmo carece.
  • A destrutividade: difire do sadomasoquismo por canto non se dirixe á simbiose "activa " ou "pasiva" co obxecto, senón cara á destrución deste .
  • A conformidade automática: este mecanismo dáse por exemplo cando hai retraemento do mundo exterior (certas psicoses), ou na inflación do propio eu (de maneira que o mundo externo se torne mais pequeno).

A evolución histórica que propón o autor sérvenos para aplicar o pensamento de Fromm sobre a liberdade en feitos e movementos ideolóxicos da historia que se van intimamente relacionados porque levan consigo os mesmos tópicos, a busca e evasión da liberdade.