The Big Bang Theory
| The Big Bang Theory | |
|---|---|
Logo da serie. |
|
| Formato | Sitcom |
| Creado por | Chuck Lorre Bill Prady |
| Dirixido por | James Burrows (piloto) Mark Cendrowski |
| Intérpretes | Johnny Galecki Jim Parsons Kaley Cuoco Simon Helberg Kunal Nayyar Mayim Bialik |
| Tema de apertura | "The Big Bang Theory Theme", escrita e gravada por Barenaked Ladies |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Chuck Lorre Bill Prady Lee Aronsohn |
| Localización(s) | Pasadena, California |
| Cámara | Multicámara |
| Duración | 20 min. aprox. |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | CBS |
| Formato de imaxe | 480i (SDTV), 1080i (HDTV) |
| Tempo de emisión | 24 de setembro de 2007 |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
The Big Bang Theory é unha serie cómica producida e dirixida por Chuck Lorre de Two and a Half Men e Bill Prady de Gilmore Girls por estudos Chuck Lorre Productions e Warner Bros Television.
É orixinalmente transmitida pola canle estadounidense de televisión CBS onde foi estreada o 24 de setembro de 2007. Tamén se emite por Warner Channel en Hispanoamérica (dende o 6 de novembro de 2007) e en España por Antena.Neox (dende o 12 de xullo de 2008).
A súa primeira tempada ía constar de 22 episodios, mais debido á folga de guionistas de Hollywood o número final foi de 17 episodios. A CBS empezou a emitir a segunda temporada en Estados Unidos a partir do 22 de setembro de 2008. A terceira empezou o 21 de setembro de 2009.
Índice |
Argumento [editar]
Leonard e Sheldon son dous físicos que comparten traballo e apartamento. Estes dous personaxes, xunto aos seus amigos Howard Wolowitz e Rajesh Koothrappali, representan a uns geeks, moi afastados das inquietudes da xente común.
A serie comeza coa mudanza de Penny, unha veciña nova e atractiva, da que Leonard se encapricha dende o primeiro momento, e que se instala soa no piso de enfronte deles.
Personaxes [editar]
Personaxes principais [editar]
- Johnny Galecki e Leonard Simeon Leakey Hofstadter, físico experimental. Obtén o seu doutorado aos 24 anos de idade. Se ben é máis sociable que Sheldon, ao igual que Rajesh e Howard nunca ten moito éxito coas rapazas. Intenta conquistar á súa veciña, Penny, aínda que de momento sen éxito. Vive con Sheldon e apaixónano os cómics e os videoxogos. Ademais é intolerante á lactosa e miope.
- Jim Parsons é Sheldon Cooper, físico teórico. Foi un neno superdotado proveniente do leste de Texas.Pasou de quinto de primaria á universidade. Agora ten dous doutorados e un máster. É moi intelixente, mais extremadamente soberbio, tendo varios defectos de personalidade, como ineptitude social, absoluta falta de empatía, e é incapaz de detectar o sarcasmo, todo isto é debido a que padece o Síndrome de Asperger, aínda que isto non se dixo nunca na serie, ao igual que tampouco se dixo a súa orientación sexual. Ademais tamén sofre de trastorno obsesivo compulsivo da personalidade (TOC da personalidade). É fan empedernido de Star Trek, en especial de Spock.
- Kaley Cuoco é Penny, camareira e aspirante a actriz. É a única amiga feminina do grupo e a única que ten un coeficiente intelectual normal. É camareira no famoso local "The Cheesecake Factory" ("Fábrica das tartas de queixo") e foi o amor platónico de Leonard, durante as primeiras tempadas. Na terceira tempada comezan unha relación estable (até o capitulo 3). O resumo da súas relacións sentimentais é pésimo.
- Simon Helberg é Howard Wolowitz, enxeñeiro aeroespacial. É xudeu e sempre viste roupa axustada e psicodélica. Vive coa súa nai e é un pouco pervertido coas rapazas, saíndo estas sempre fuxindo de onde el.
- Kunal Nayyar é Rajesh Ramayan Koothrappali, astrofísico. Representa un estereotipo de indio en Estados Unidos. A súa familia é adiñeirada. Padece un trastorno que lle impide falar coas mulleres; só se dá comunicado con elas se está ebrio.
Personaxes secundarios [editar]
- Sara Gilbert é Leslie Winkle, física. Compañeira de traballo de Sheldon e Leonard. Odia a Sheldon pola súa arrogancia, competindo todo o tempo por demostrar quen é máis intelixente. En varias ocasións solucionou ecuacións que Sheldon era incapaz de resolver.
- Christine Baranski é a Dra. Beverly Hofstadter, a nai de Leonard. É unha neuróloga e psiquiatra insensible e pedante. Mantén unha relación extremadamente distante con Leonard pero enténdese ben con Sheldon, xa que comparten características de personalidade similares. Analiza psicolóxicamente a todos constantemente. Tivo a súa aparición no episodio The Maternal Capacitance.
- Mark Harelik é o doutor Eric Gablehauser. É o xefe do departamento onde traballan Leonard, Sheldon, Howard e Raj, entre outros.
- John Ross Bowie é Barry Kripke, colega físico da Universidade de Caltech á que asisten Sheldon, Leonard, Wolowitz e Raj. É arrogante, competitivo e posúe moi poucos modais. Desafiou a Sheldon a unha pelexa de robots, a cal finalmente gañou. Sheldon utilizouno para probar o seu Algoritmo da Amizade.
- Laurie Metcalf é Mary Cooper, a nai de Sheldon. É unha cristiá devota de Texas. Ten dous fillos ademais de Sheldon, incluíndo a irmá xemelga deste, chamada Missy Cooper. Non é superdotada pero é moi perspicaz, e é a única persoa capaz de controlar a Sheldon.
Nominacións e premios [editar]
| Ano | Resultado | Categoría | Premio | Receptor |
|---|---|---|---|---|
| 2009 | Nominado | Mellor actor principal nunha serie de comedia | Premios Emmy | Jim Parsons |
| Nominado | Mellor actor invitado nunha serie de comedia | Christine Baranski | ||
| Gañador | Galardón en comedia | Teen Choice Awards | ||
| Gañador | Galardón individual en comedia | Jim Parsons |