Sara Gilbert
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sara Gilbert, nada o 29 de xaneiro de 1975 en Santa Monica, é unha actriz e presentadora de televisión estadounidense.
Traxectoria [editar]
Gilbert é coñecida pola súa interpretación de Darlene Conner-Healy na comedia de situación Roseanne (1988-1997). No ano 2010 creou e copresenta o talk show The Talk que trata sobre temas de actualidade e que pretende dar unha visión desde a perspectiva das nais.