The American Analog Set

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The American Analog Set
AmericanAnalogSet.jpg
Orixe Austin, Texas, Flag of the United States.svg
Período 1995 - actualidade
Xénero(s) indie rock, slowcore, post-rock, Krautrock
Selo(s) discográfico(s) Emperor Jones, Tiger Style, Arts & Crafts.
Membros Andrew Kenny
Lee Gillespie
Mark Smith
Craig McCaffrey
Sean Ripple
Antigos membros Lisa Roschmann
Tom Hoff
Na rede
http://www.amanset.com/

The American Analog Set (ás veces referida como AmAnSet) é unha banda de indie rock estadounidense porcedente de Austin, Texas formada no ano 1995. Ata a data leva editados seis álbums de estudio.

Historia[editar | editar a fonte]

Formada en 1995, o primeiro son da banda estaba moi influenciado polo krautrock, o post-rock e por bandas británicas de shoegaze como Cocteau Twins, e adoitaba a ter longas pasaxes instrumentais. Co paso do tempo os seus temas foron acurtándose e pasaron a ter unha sonoridade máis pop.

O grupo está liderado polo vocalista, compositor e compositor Andrew Kenny. Outros membros que están ou pasaron pola banda son Lee Gillespie, Mark Smith, Craig McCaffrey, Tom Hoff, Lisa Roschmann e Sean Ripple. Lisa Roschmann, unha das fundadoras, deixou o grupo a finais de 1999; Hoff e Ripple uníronse a principios do ano 2000 e McCaffery reemprazou a Hoff no 2003.

En outubro do 2005 falouse a través de Internet da posibilidade da disolución de The American Analog Set. A banda rapidamente respondeu a eses rumores, pero engadiron que non realizarían concertos debido ás súas obrigas con outros proxectos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • Late One Sunday & The Following Morning (1997, Darla Records)
  • Updates (2002, Tiger Style) (remesturas)
  • Songs Of Hurt And Healing (2005, Tylenol/Ouch!)) (compartido con White Magic; 3 temas cada banda)
  • Everything Ends In Spring (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]